O Grove, 6 de febreiro de 2010.-
O medible non é opinable e por tanto o noso compromiso con esa parroquia, e moi concretamente con ese campo, quedou plasmado dese xeito con 400.000 euros que a eles (o Sr. Bea e o alcalde) sempre lle pareceron moitos e dende o principio do mandato empeñáronse en rebaixar esa cantidade ata que o conseguiron.
Rebaixárona en 120.000 euros que, por outra banda, o alcalde prometeu que investiría na parroquia e nunca o fixo, faltando como tantas veces a súa palabra.
Isto é o certo, o que está nos documentos, o medible: o PP consignou nun orzamento (o do 2006) 400.000 euros para esa obra e este goberno rebaixouna en 120.000 euros. O opinable, é o que di agora vostede, que o PP nunca fixo nada por ese campo, pero precisamente por dicilo vostede, ninguén o cree.
Como comprenderán, pretender facer a mesma obra cun 30% menos dos cartos traerá consecuencias como as que xa estamos a comprobar. Invito aos veciños que vaian comprobar como marchan e se fixen, sobre todo, no peche que se está a instalar, máis propio dun galiñeiro que dunha instalación deportiva. Estas son solo algunhas das consecuencias daquel empeño para o que non consultaron a ninguén de rebaixar 120.000 euros a obra. As demais xa as iremos comprobando co tempo.
Fotografía procedente de www.todogrove.com
Outra das singularidades que propiciou ao concello a “nunca ben ponderada xestión” do Sr. Bea e do alcalde neste asunto foi que rebaixaron o tempo cesión dos terreos por parte da Comunidade de Montes dos trinta anos que tiñan acordado co goberno do Partido Popular aos quince actuais co prexuízo que iso reporta.
É dicir, rebaixaron o tempo de desfrute destas instalación nun 50%. Esperamos que no futuro isto poida ser obxecto dunha revisión e arranxalo pois do contrario puidera ser este, un dos alugueres máis caros da historia. En calquera caso unha nefasta negociación que pon os recursos de todos en mans duns propietarios aos que ninguén lle impide que, ao cabo deses quince anos, poidan quedarse coas inhalacións. Non é a primeira vez que un convenio destas características deixa de renovarse.
Deste xeito, medible, vese cál é a preocupación de cada quen con respecto deste campo e da fobia que padecen os nosos responsables coa Deputación e agora tamén con outras institucións irá o tempo dando e quitando razóns. Dende o Partido Popular seguimos pensando que a decisión tomada por este goberno é unha irresponsabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario