A visita do alcalde a Urbanismo, denota unha vez máis o NULO traballo que o cuatripartito levou a cabo neste campo.
O desinterese e o nulo traballo na gran promesa do cuatripartito, o PXOM; estase a descubrir como un “búmerang” que continuamente nos recorda a súa vital importancia e necesidade.
O Grove, 7 de febreiro de 2010.-
Máis que esforzarse en elaborar informes sobre a legalidade ou non do Decreto 208/2002 de 20 de xuño, o alcalde de O Grove debería pórse a traballar na eiva máis importante que nestes momentos ten o noso concello, que non é outra que a falta de PXOM.
Pedímoslle que deixe de facer “declaración gratuítas” dicindo que “é ilegal” e que “está caducado” sen máis fundamento que a súa palabra, da que, a vista dos feitos neste campo, non nos fiamos. Este tipo de afirmacións confunden aos veciños e xeneran inestabilidade.
Ao marxe dos beneficios ou prexuízos que este decreto puidera ter para o noso concello, si fose “ilegal” como el afirma ninguén se empeñaría en perpetúalo por pura lóxica, e en base a esa afirmación súa e tamén o que di en canto a que o decreto “tiña data de caducidade” como explica que siga a outorgar licencias en base o mesmo.
Se así fose (segundo as súas declaracións), estaría pondo ao concello nunha situación de responsabilidade patrimonial gravísima, xa que as licencias que está a outorgar puideran ser ilegais, e aos veciños que as solicitan puidera deixalos nunha situación de indefensión xurídica clarísima, co cál, flaco favor lle está a facer a todo o mundo.
Recordámoslle, que máis que data de caducidade o punto final desta situación, (que é ademais o desexo de tódolos grovenses) está na súa man, si decide dunha vez por todas convocarnos a traballar neste documento tan importante.
E digo, “convocarnos a traballar” porque nos consta ao igual que a tódolos veciños que este asunto foi aparcado deliberadamente, i empezase a pensar, que por medo a afrontalo. Este Grupo Municipal, ofertoulle en multitude de ocasións a súa incondicional axuda para sacar este tema adiante topándonos sempre cun infranqueable muro. Somos conscientes das dificultades que entraña pero non podemos abstraernos da nosa responsabilidade, por iso lle ofertamos a nosa colaboración por unha banda, pero tamén lle esiximos que exerza a súa responsabilidade pola outra, para así deixar de xenerar esta constante incertidume nos veciños.
Do xeito contrario, de seguir nesta situación de inacción, de impasividade, vai facer pensar a todo o mundo, o que nós vimos denunciando dende fai tempo, que por riba dos intereses de todos están os seus políticos e do seu partido.
Apelamos por tanto, ao sentido común. Déixense de utilizar atallos (plans parciais que pretenden resolver problemas puntuais e que todavía non sabemos si son viables) e afronten o verdadeiro Plan que interesa a todos.
A estratexia de resolver (a través dun Plan Especial) agora o Centro de Saúde, logo a zona industrial, e así sucesivamente, pretendendo unicamente o rédito electoral deixa atrás sen resolver o verdadeiro problema, o que lle teñen medo, o solo urbano, o solo rural, etc. en definitiva, o solo dos veciños, e ese é o Plan Especial que vostedes non queren afrontar deixando a estes, nunha situación precaria e sen posibilidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario