MIGUEL ANGEL PÉREZ GARCÍA, provisto do DNI ...., con enderezo a efectos de notificación na rúa .... de O Grove, e en calidade de voceiro do Grupo Municipal Popular,
EXPÓN,
Que dende fai meses estamos a escoitar, a través dos medios de comunicación a inminente construción do Paseo de Madeira que discurriría dende a Batería de costa de San Vicente (lugar onde remata o actual) e a zona de Con Negro.
Por outra banda, estamos a comprobar como un colectivo naturista está a desenrolar unha campaña para que o mesmo non se leve a cabo, alomenos nos termos previstos.
Tendo en conta que este proxecto (ao igual que tódolos demais) nunca foi presentado á oposición municipal para o seu coñecemento e poidamos formar opinión sobre o mesmo; e ante as dúbidas que todo o publicado xenera sobre o mesmo,
SOLICITO,
Se nos informe da existencia ou non do mesmo nas dependencias municipais, co obxecto de coñecer as distintas características do mesmo (trazado, materiais que emprega, dispoñibilidade dos terreos necesarios, organismo que financiaría a obra i en que condicións, prazos, etc. ) a fin de pronunciarnos sobre o mesmo.
Agradeceriamos a convocatoria dunha xuntanza ao efecto, acompañada dos técnicos adecuados para elo, coa fin de que nos desen todas las explicacións sobre o mesmo. Suxerimos incluso a participación nesa xuntanza dos membros do Consello sectorial do Turismo, por considerar a infraestrutura tamén do seu interese.
ILMO. SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE O GROVE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario