Fotografía procedente de www.todogrove.com
O Grove, 19 de febreiro de 2010Onte xoves Pachi Vázquez acompañado da súa prole acudiron ao Grove, en representación do PSOE, para reunirse con Cacabelos e outros militantes nun acto totalmente electoralista. Para esta reunión utilizaron, sin ningún tipo de reparo nin vergoña, a Casa Consistorial do Grove, pertencente a tódolos veciños e veciñas desta vila, en troques de usar a súa sede.
O Partido Popular do Grove considera escandaloso e vergoñento que o PSOE utilice as institucións públicas da nosa vila con fins electoralistas e partidistas. Nin Pachi Vázquez nin os que lle acompañaban poden facer un uso particular e partidista da Casa do Concello como si estiveran na súa casa ou na sede do PSOE.
Quizás Pachi Vázquez se teña esquecido de que xa non é conselleiro e, polo tanto, non pode pretender representar ao goberno da Xunta ou quizás Cacabelos non se teña decatado que o Casa do Concello é de tódolos veciños da vila e non unha propiedade privada do alcalde.
Precisamente son este tipo de actitudes prepotentes e chulescas as que teñen situado a Cacabelos na difícil situación na que se atopa, pero semella que o PSOE non aprende dos seus erros e repiten o mesmo proceder unha e outra vez.
Pachi Vázquez e o resto do PSOE son libres de apoiar o caso Cacabelos ou a quen eles queiran apoiar, eles verán, pero o que non poden facer é utilizar as institucións públicas ao seu antoxo para fins privados e electoralistas do PSOE.
Este uso totalmente partidista da Casa do Concello do Grove constitúe unha proba máis da falta de consideración e respecto do PSOE e do alcalde cara aos veciños e veciñas do Grove
No hay comentarios:
Publicar un comentario