viernes, 19 de febrero de 2010

Manifesto do Partido Popular do Grove

O Grove, 19 de febreiro de 2009
Logo de pasados uns días dende que tivemos coñecemento das gravísimas imputacións nas que está inmerso o noso alcalde o Partido Popular de O Grove, tras unha xuntanza do seu comité executivo, quere pór a través deste MANIFESTO, en coñecemento de todos a preocupación extrema na que este equipo de goberno, e moi concretamente o seu alcalde puxo, ao concello de O Grove.

Deplorable imaxe do Concello
Non recordamos que un alcalde de O Grove estivese nunca en situación sequera parecida a actual. Paralela e consecuentemente, a credibilidade do noso concello como institución está polos suelos e a imaxe do mesmo está sendo danada de maneira fulminante.
Qué pensará calquera dos nosos veciños cando a partires de agora se acerque ao concello para calquera trámite?
Que confianza van ter nunha administración, perdón, nun alcalde que actúa de semellante xeito?

Funcionarios
Ao contrario do que este (o alcalde) manifestou; afortunadamente os funcionarios son os únicos que nestes momentos nos poden dar garantías dun trato xusto i eficiente, tal como se demostrou neste caso. A pesares diso vai ser difícil recuperar a confianza nunha institución cuxos responsables actúan con semellantes doses de irresponsabilidade e favoritismo.
Por outra banda, a imaxe que o noso concello nestes días proxectou ao exterior bota moita terra o traballo de moitas persoas durante moitos anos (non incluímos aquí os actuais gobernantes porque no terreo da promoción exterior do concello esforzáronse moi pouco).

Grave situación
Non vamos ser nós que exerzamos de xuíces, e por tanto non analizaremos polo miúdo o alcance das acusacións que pesan sobre o noso alcalde. Ese é un traballo dos tribunais i estamos seguros que o farán exemplarmente. De calquera xeito, poñemos no coñecemento de todos que estamos tan sorprendidos como tódolos veciños de O Grove, é calificamos a situación de moi preocupante. Son moitos e moi graves os presuntos delitos dos que se acusa o noso alcalde e a obsesiva preocupación que agora lle atenaza e lle fai ver culpables por todas partes, non lle exime da súa responsabilidade e participación nos feitos.
O solo feito de atoparse nesta situación (imputado) e sobre todo, de confirmarse a mesma logo da súa declaración dá idea da gravidade do asunto e calquera persoa nestas circunstancias, cun mínimo de coherencia e integridade houbera reaccionado de calquera outro xeito que non fora repartindo culpas a quén non as ten, demostrando unha prepotencia impropia de quén está tan gravemente acusado.

E os socios de goberno?
Si vota a vista atrás, tan só un par de anos poderá comprobar o que dicía de dous dos nosos compañeiros, cando tratou sen argumentos cribles e utilizando tódolos medios posibles, a súa defenestración. Polo feito de estaren imputados esixiulles reiteradamente a dimisión.
E que din agora, os compañeiros do BNG?. Daquela, a bombo e platillo con rolda de prensa incluída, uníanse a “festa do alcalde” esixindo a dimisión inmediata destes compañeiros. Compañeiros aos cales, non tiveron nin eles, nin o alcalde nin ningún membro do cuatripartito a decencia de pedirlles desculpas logo de demostrarse que non tiveron nada que ver co asunto no que tanto empeño puxeron.
Os argumentos daquela, que son mesmos que se dan agora, por qué non valen neste momento? por qué non esixen a dimisión do alcalde si está imputado?.
De seguro non o farán, son uns covardes e a súa maneira de actuar non é distinta da que utilizou o alcalde en todo este proceso, arbitraria, irregular, con favoritismos, etc, tratando de facer valer para os demais o que non queren para eles.

Desviar a atención da xente da vila
Fai un par de días e a conta da xa “polémica pousada” (isto é o que mellor sabemos facer no Grove, crear polémicas inútiles que non conducen a ningures) , e da súa constante, premeditada e absurda confrontación coa Deputación están tratando de crear unha cortina de fume que tape as vergonzas deste alcalde e o seu ineficaz e dende hoxe sectario goberno.
As acusacións e o que xa se puido comprobar como resultas desta denuncia é demasiado grave como para que, nuns capítulos máis da absurda e inconsistente historia da pousada poidan disfrazar (agora que estamos no Carnaval) ou tapar. Necesitouse pouco tempo para que se lles caese a careta e a situación xa non ten retorno.
Recordamos e rexeitamos os únicos argumentos nos que o alcalde se escusa permanentemente e que o auto ditado polo xuíz demostra que nin teñen que ver coas tropelías por el cometidas nin son obxecto de investigación. O feito de que traballase con anterioridade Álvarez Cacabelos SAL. no concello, nin que un membro do noso partido participase nunha mesa de contratación.
O que está en cuestión é a maneira de actuar chea de favoritismos e saltándose tódalas regras posibles do alcalde. O demais, o poñer o ventilador para tratar de salpicar a todo o mundo nin é intelixente nin lle vai a axudar na súa defensa.
A situación como dicíamos o principio é de máxima preocupación porque o concello non pode estar en mans dunha persoa sobre a cál pesan tantas sospeitas e tan graves.
Quen asegura descoñecer estas graves situacións que se dan no concello; quen asegura coñecer graves infraccións e non facer nada ao respecto; que nos conta que firma todo canto lle poñen diante, non pode ser quen ostente semellante responsabilidade.

Custo económico para o Concello
Topámonos ademais, que toda esta sarta de irregularidades e/ou ilegalidades puidera ter como resultado (aparte das derivadas do propio proceso xudicial con respecto das persoas) que a Xunta de Galicia retirase a parte da subvención correspondente coa presunta certificación falsa. Por si fora pouco todo o sucedido, tamén lle teriamos que agradecer o alcalde o elevado custe económico da súa vergoñenta xestión.
Por certo, e falando de custes económicos xa falaremos en días vindeiros dos custes de todos estes procesos xudiciais que tamén nos van supor un pico.

Preocupación
Parece irónico, que nin no Grove nin noutros extractos superiores do socialismo galaico ninguén mova ficha, namentres manifestan estar preocupados polas consecuencias do tema.
Preocupación é o que senten tódolos veciños de O Grove, e aquí, fora das culpas aos funcionarios ninguén dá unha explicación.
Rematamos, coa perplexidade que produce comprobar a penosa reacción do cuatripartito na súa desesperada estratexia de fuxir deste asunto e atrévense a dicir no seu último comunicado e referíndose a Deputación cousas como as seguintes, que extraemos literalmente,
o ben público, deberá estar por riba dos intereses privados”, ou
“ sen mesturar os intereses particulares co ben común”.

Nos momentos actuais, non deixa de ser un insulto a intelixencia de todos este tipo de afirmacións asinadas polo alcalde. Co que el ten pendente nos xulgados, que se atreva a dicir semellantes cousas, aparte de pouca vergoña, demostra definitivamente a súa incapacidade para gobernar.
Partido Popular de O Grove.

No hay comentarios: