miércoles, 3 de febrero de 2010

A estrela planetaria

Recordan vostedes o recorrente discurso do PSOE cando quere levantar fantasmas para tapar as súas vergoñas i endosar tódolos males do mundo-mundial ao PP?
Esgotado xa (afortunadamente) o asunto da Memoria Histórica, retornouse aos de sempre:
- que somos uns catastrofistas, - uns antipatriotas, e mil cousas máis, por anunciar fai un par de anos o que agora nos está a suceder, e por esixir que se tomaran medidas de calado.
Non é que os do PP fosen máis listos ca os demais, pero non dicían cousa distinta, que dixeran e fixeran a totalidade dos países europeos con moito sentido do Estado. Sen embargo aquí, o noso particular "gurú económico", Mister ZAPA, tomaba absurdas medidas na dirección contraria á que o sentido común ditaba, sangrando e sangrando o Estado que tan solidamente estruturado atopou cando chegou ao poder.

Medidas populistas "a troche e moche", - que si deducións fiscais de 400 euros para todo quisque (para todos, non según as rendas,!!menudos socialistas!!), -cheques-bebe de 3000 euros, - fondos a troche e moche para sindicatos (digo, para telos calados), Plans E que non dan os resultados apetecidos, e así mil plans máis, que as seguintes xeneracións van ter que pagar.
Todo elo, para agora ter que acabar tomando as medidas que no seu habitual discurso, sempre din que tomaría o PP se chegase o poder.

Fartáronse de dicir que co PP peligrarian as pensións, que as rebaixariamos, agora SON ELES QUENES TOMAN ESAS MEDIDAS E POÑEN EN PERIGO O SISTEMA.
Fartáronse de pregoar que coas nosas medidas iriamos a bancarrota, que o emprego perigaría (aquí axudaron moito os sindicatos), que o emprego seria precario, e agora, XA NIN SIQUERA É PRECARIO (QUEN O VIRA), AGORA TEMOLA TAXA DE PARO MÁIS ALTA QUE TIVEMOS NUNCA, E AS REDES PESCANDO.
Fartáronse de dicir que si acabariamos coa Seguridade Social, agora ESTÁ NOS LIMITES MÁIS BAIXOS QUE SE RECORDAN EN CANTO A AFILIACIÓN I EN RISCO DE QUIEBRA.
Por si fora pouco, agora ANUNCIANNOS O RETRASO NA EDADE DE XUBILACIÓN, e non se preocupen QUE A CULPA TAMÉN SERÁ NOSA.

Quen lle ía dicir a este noso "gurú" que nestes tempos en que estaba destinado a ser a estrela planetaria (tal e como dicía a súa serva Pajín) tería que saír fuxindo a USA (aquel pais, o paso de cuxa bandeira seguiu maleducadamente sentado) a REZAR, si, si REZAR, el que repudia tanto todo aquilo que ten que ver coa relixión da inmensa maioría dos españois?.
Como dicía ao principio, as voltas que da a vida, aínda que non se preocupen que el (o noso mesías) seguira procurando que de máis voltas ata que poida votarnos a culpa aos do PP.

No hay comentarios: