viernes, 5 de febrero de 2010

Dimisión de Xan Lamelas


Case máis significativo que as declaración de Xan Lamelas, é o silencio do alcalde, que ve nesta situación unha oportunidade.

Logo de recoñecer que non ten tempo para atender as súas obrigas, non cabe máis posibilidade que, por decencia, dimita.
O Grove, 8 de febreiro de 2010.-
En multitude de ocasións o Partido Popular de O Grove denunciou esta situación que agora os propios compañeiros de partido xa non aguantan. Igual ca eles os traballadores do concello a través do seu comité de empresa, pero o máis chamativo é o silencio do alcalde, que debe estar a frotarse as mans, pensando que isto é unha oportunidade para el e non cae na conta que é xustamente o contrario; pois el mesmo fai un par de meses avalaba e alababa o seu traballo no seo do goberno.

Debe ser por elo que anunciou que o premiaría cun novo liberado máis (persoal de confianza) a fin de que traballase (ou máis ben levase) a súa area. É dicir, o concello de O Grove (co beneplácito unicamente do cuatripartito) vai contratar unha persoa máis para facer o traballo dun concelleiro que unha tras outra vez nos recorda que el non pode facer o traballo para o cál se comprometeu presentándose as eleccións primeiro e aceptando as responsabilidades que o alcalde lle delegou despois.

Se non pode que se vaia é o que lle recomendamos dende o Partido Popular. Non se pode enganar aos veciños de semellante xeito e moito menos persistir niso.
Se non o fixera, o alcalde deberá tomar algunha medida sobre a situación. O estar calado e mirar para outro lado non o exime da súa responsabilidade.

Quén está a ser contestado polo comité de empresa do concello, polo propio goberno, aínda que non queiran dicilo publicamente, agora polo seu propio partido e admite que non se responsabiliza da súa responsabilidade, persistindo en seguir así pase o que pase, merece unha resposta contundente por quen ten a responsabilidade, que é o alcalde.

O demais é perpetuar unha situación na que os prexudicados son os veciños e por outra banda a demostración da debilidade deste goberno e o seu alcalde.

A demostración máis palpable da preocupación que debemos ter está nas propias declaración do concelleiro ao referirse a situación dese suposto “persoal de confianza”.

Non sabemos se o problema está na desinformación ou no descoñecemento dos asuntos que este concelleiro se trae entre mans. Non debemos esquecer que unha das súas responsabilidades é precisamente a de persoal.
A partida para cubrir ese suposto “persoal de confianza” nos orzamentos de 2010 non existe, en contra do que el afirma nas súas declaracións. Aínda cando se aprobe o orzamento definitivamente o seu desexo non poderá ser cumprido. Será necesario facer unha modificación de crédito e tal decisión terá necesariamente que contar coa aprobación do pleno do concello. Da previsión nos “órganos de goberno” como el afirma, nada de nada. A non ser que queira quitarlle o soldo a Besada ou Bea, que son os únicos que aparecen neste apartado.

Si é desinformación, moi preocupante a situación nun concelleiro que ademais se responsabiliza de persoal e sé é descoñecemento pior. Abala máis a nosa petición de dimisión e en ningún caso xustifica a contratación de ninguén como tanto insiste.

E si é que o teñen enganado os seus compañeiros prometéndolle algo que non pensan cumprir, como fixeron dende o principio do mandato? Cal seria a situación? Xulguen vostedes, pero O Grove non se merece estar nestas mans.

No hay comentarios: