Nestes días estamos a observar como o concelleiro sr. Bea se está empregando con ganas na estratexia que ultimamente se marcou o cuatripartito disparando continuamente á Deputación e tamén á Xunta de Galicia. El, que é tan dado a delimitar as competencias, usa este tema según lle convén. Cando fala da Carretera de San Vicente, vótalle as culpas a Deputación porque é a titular e cando se fala das praias (aínda que é competencia exclusivamente do concello) tamén lle vota a culpa aos demais (Deputación e Xunta).
O certo é que as cousas están ser facer e non se arranxan culpando aos demais do que tes que facer ti. Xa todo o mundo está cansado dese permanente enfrontamento que este goberno se empeña en recrudecer cada día máis e debe saber o Sr. Bea e o seu xefe (o alcalde) que así non se vai a ningures; que o estar buscando fantasmas para tapar as súas vergoñas non da resultado e se pode soster moi pouco tempo.
Non se expresaban así estes señores cando a Deputación gastaba na carretera de San Vicente moitos millóns en meter auga, meter saneamento, meter recollida de pluviais, soterrar liñas de alumbrado e facía beirarrúas aínda cando todo isto é competencia do concello.
A competencia de todo isto é, por moito que lle doa a estes señores, do concello e si nalgún tramo da carretera saíu maleza tamén o poden limpar que non pasa nada. Tamén a Deputación manda cada verán e durante seis meses varios operarios (este ano 6) para axudar na limpeza das praias que é competencia do concello. Así o fai tamén a Xunta con máis operarios e socorristas, Grumir, etc. namentres este voceiro (por non dicir bocazas) reparte culpas a destro e sinistro.
Agora inclusive se sacou una nova norma (a inventou el porque non está escrita en ningures) que a praia de Porto de Meloxo a ten que limpar Portos. A quen lle quere tomalo pelo?, é competencia súa aínda que non o queira. Os veciños deste lugar están tamén moi preocupados por outras cousas. Polo deslinde por exemplo, pero de iso non se ocupa ninguén. Deso non se lles informa para que non se alborote o galiñeiro. As súas propiedades totalmente afectadas e este a botarlle as culpas de que chove aos de arriba que é o máis fácil.
Desalentador nos parece canto fai este concelleiro. Agora nos dá a gran noticia de que limpou a praia de Peralto. Leva seis meses sen tocarlle e un día que a limpa (porque a presión veciñal é grande) o converte en noticia. Si o final lle deberemos o favor. E que me din do que anuncia para os paseos de madeira que están rotos e abandonados? Dixo que ata o verán non se lles pode tocar. Pois menuda.
Sen embargo estamos a escoitar tódolos días como van facer non sei cantos paseos que lle van dar a volta ao Grove catro veces, para qué?, si o que temos non somos capaces de mantelo, para que queremos máis? para telos no mesmo estado?. Se non somos capaces con isto imaxínense o que será no futuro. Bueno, esquecíaseme, !!vótanselle as culpas á Deputación!! e xa está.
Fotografía de M. Muñiz publicada en Faro de Vigo É un pena que esteamos a comprobar como este goberno xa decidiu tirar a toalla (aínda queda ano e medio de mandato) para abrazarse a unha estratexia de enfrontamento con todo o mundo co único obxectivo de ter a quen botarlle as culpas cada vez que lle pidan, lle suxiran, lle esixan algo. Como vai este asunto?, hai, iso é culpa de Santiajo que non nos da permiso. E como vai este outro?, Hai ese estache peor por que ese é culpa da Deputasión e xa sabedes como son. Oe, e xa que estou, como vai o PXOM, que estou pendente de facer na miña parcela unha obriña?.........a quen lle votarán a culpa desto ?
No hay comentarios:
Publicar un comentario