martes, 12 de enero de 2010

Mentiras do BNG

Constátase de novo, outras das mentiras do BNG, que cando ostenta responsabilidades de goberno “non é quen de plasmar en feitos” o que machaconamente mantén no seu discurso.

Estando na oposición sempre esixiu que os orzamentos debían dedicar un mínimo do 5% á partida de cultura.

O Grove, 12 de xaneiro do 2010.
O comprobalo orzamento con máis detalle vanse observando situacións en determinadas áreas que confirman o pouco compromiso coas mesmas e sobre todo “a gran mentira” do discurso dalgúns grupos políticos.
Na área de cultura seguimos a comprobar o decrecemento dos recursos dedicados a mesma, dende que o BNG chegou ao goberno, o incumprimento sistemático das súas promesas o non acadar “en ningún caso o 5% do orzamento” para esta área i o que é peor, o nivel de gasto do orzamentado é dos máis baixos. É dicir, é das que menos gasta dos fondos que ten a disposición para tal fin.

Un grupo que tradicionalmente presume (pero solo presume) de ser o garante da cultura do noso país, cando ten a posibilidade de demostralo “con feitos” resulta que non é capaz de levar a cabo as súas promesas. Nos orzamentos que acaban de aprobar, o dedicado a cultura supón o 2,06% do total e esta foi a tónica xeral destes anos. Inclusive, cando elaboraron os orzamentos do 2008, aqueles nos que o alcalde dixo “que daban a medida do que ía ser o goberno cuatripartito” e todavía non se falaba de crises, naquel momento foron os máis baixos (porcentualmente) que se recordan, cando curiosamente o total do orzamento era o máis alto da historia do Grove.

Recalcamos esta mentira, esta incongruencia, destacando o pouco peso deste grupo no conxunto do goberno. Tódalas súas áreas están a pasar máis ben desapercibidas. Onde si fixeron forza e se empregaron a fondo foi en conquerir una dedicación exclusiva que agora se comproba non cumpre as expectativas para as que foi creada i é una autentica decepción.
Valga tamén como aclaración, que dentro destas cantidades están incluídas partidas importantes que axudan a subilo porcentaxe, pero este grupo nunca considerou “cultura” como puideran ser as dedicadas aos festexos populares, festas do Carme, etc. que finalmente tiveron que ser xestionadas por outros membros do goberno e nalgunhas ocasións “contraprogramados” por estes.
Resumo
2007200820092010

TOTAL

9.203.065,00

13.659.413,29

9.960.000,00

9.434.000,00

CULTURA

207.502,00

263.141,05

204.045,00

194.405,50

%

2,255 %

1,9 %

2,05%

2,06 %


Como pode comprobarse en tódolos casos, moi lonxe do 5% prometido por este grupo que unicamente “esixe i existe” cando é oposición. Cando toca poder como neste caso, esquece o seu discurso ( poderiamos falar tamén doutras áreas como a urbanística, de solo, de transporte, etc.), demostra a súa incapacidade para liderar as súas áreas e instálase comodamente vendo pasar os meses.

Debemos felicitarnos sen embargo, por una das medidas tomadas coa aprobación do orzamento último. Logo da insistencia deste grupo e múltiples peticións (igualmente dos veciños de San Vicente) por fin, aceptaron habilitar una praza de atención ao público no Centro Social de San Vicente.

No hay comentarios: