PLAN MADRUGA
Non é a primeira vez que este tema ven ao pleno, aínda que si a primeira vez pola nosa parte.
Varios pais e nais de nenos en idade escolar dirixíronse a este Grupo Municipal preocupándose pola "non aplicación" deste programa no noso concello, logo de prometelo insistentemente, logo de obter unha subvención por parte da Xunta de Galicia para tal fin e logo de constatar a necesidade do mesmo.
Como non temos máis testemuño que o destes pais, quixeramos coñecer agora cales son as intencións e propostas deste goberno, tendo en conta ademais que a educación e todo o relacionado con ela foi a promesa estrela do partido que ostenta tanto a alcaldía como a concellería responsable desta materia.
¿Porque non se implantou o programa, cando ademais existe unha subvención para elo?
¿Cal é a intención do goberno?
¿Que pasará coa subvención en caso de que (como parece) o goberno decida non poñer en marcha o programa?
PAVIMENTO PABELLÓN DEPORTES "MONTE DA VILA"
Fai un par de semanas que tivemos a oportunidade de coñecer (a través dos medios de comunicación, como sempre) a intención deste goberno de cambia-lo pavimento do Pavillón de Deportes do Monte da Vila.
Sorprendeunos bastante a noticia por canto non tiñamos noticias de que o citado pavimento estivese deteriorado.
Consultados incluso, varios usuarios deste pavillón todos nos confirmaron o bo estado do mesmo e a súa preferencia por outro tipo de melloras no mesmo recinto. Amosáronse igual de sorprendidos que nós, pois eran descoñecedores desta intención do goberno e non coñecían que ningún usuario desta instalación fixese petición algunha nese sentido, polo cal
PREGUNTAMOS,
Si son certas as noticias a respecto deste cambio de pavimento e calas son os motivos que aconsellan esta decisión, que parece que non entende ninguén.
SANEAMENTOS E TERRA DE PORTO E CONFÍN.
A estas alturas e como vimos observando a través dos medios, deben estar decididas xa, as accións que se van levar a cabo con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación. Como sempre, a oposición non se informa de nada, xa non digo que nos dean participación ou sequera nos consulten.
Queriamos saber si estas dúas obras, e dicir, os problemas de saneamento que existen, tanto en Confín (pleno Paseo Marítimo) como no esteiro de Terra de Porto que están arroxando augas fecais o mar ¿foron incluídas no Plan? ¿van ser arranxadas desta volta?
PARTICIPACIÓN NO PLAN E
Nin que dicir ten, que estariamos encantados de participar na decisión das propostas a incluír no novo Plan E. Pensamos que seria unha boa formula, daríalle ao alcalde unha tranquilidade tremenda por canto contaría co 100% do apoio da corporación, e o digo porque estou seguro de que chegariamos acordos.
ROGAMOS,
Que se convoque a unha xunta de portavoces para abordar o asunto.
ESTONLLO
Temos varias queixas de veciños do lugar de Estonllo que nos falan da nula atención que se está dando a este lugar.
A verdade é, que logo dunha visita a zona entendese a súa preocupación. O pavimento do camiño que cruza este núcleo de poboación está nunha situación preocupante. O peor posiblemente sexa que ademais diso, o lugar está sucio e non veu unha desbrozadora dende fai moitos meses.
Nos últimos tempos parece que están a sufrir problemas co alumeado público. Informásenos que xa avisaron varias veces diso pero as cousas seguen igual.
É por elo que,
ROGAMOS,
Que os responsables do tema se dean unha volta pola zona e vexan de arranxar o máis axiña posible ese camiño, pero sobre todo, de maneira inmediata facer unha limpeza do mesmo e arranxar definitivamente os problemas de alumeado que teñan.

E xa remato, recordándolle ao Sr. Bea, algo relativo as competencias de cada quen, que el é moi aficionado a elo e no último pleno díxonos sen ningún tipo de rubor que a competencia da limpeza de praias era da Deputación e moi concretamente da praia da Lanzada.
Aclararlle que nós estamos de acordo en que outras administracións colaboren nestas tarefas e contará co noso apoio a hora de solicitarllo, pero non se pode saír pola tanxente e sobre todo culpar aos demais do que é a túa responsabilidade, polo feito de recordarlle que nun determinado momento a praia estaba moi sucia e o lixo sen recoller.
A lei 22/1988 de 28 de xullo, máis coñecida como Lei de Costas establece no seu capitulo II e III, as competencias dos distintos organismos nestes espazos. No capitulo III, dedicado as competencias municipais, no artigo 115, apartado D), establece de maneira inequívoca esta competencia como municipal.
No mesmo articulado, reserva competencias para Estado, CC. AA. e para concellos, non así para Deputacións, polo que,
ROGO,
Non volva facer este tipo de afirmacións sen antes estar certo do que se fala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario