jueves, 10 de diciembre de 2009

De Leria polo Corgo


Máis soldos para non facer nada.

Así é como se expresaban uns amigos ante a noticia de que o concelleiro de E.U. ía dispor dende xa, dunha persoa da súa confianza contratada polo concello.
Menuda cara teñen estes tipos que durante anos non permitiron (cando gobernaba o PP) nin unha soa liberación e agora eles xa van por catro máis un par de asesores.
Pero a onde queren chegar? Vale realmente isto para conquerir máis cousas, ou tratase de conformar a este grupo para que este calado?
Non é esta medida un parche máis para manter o cuatripartito?. Este é o tipo de preguntas que se facían esta peña de amigos, que concluían ademais en que as responsabilidades que ten este concelleiro non se corresponden cunha persoa liberada para executalas e sobre todo que o demostrado ata o de agora por el moito menos.
Pasou este grupo, de estar a queixarse a miúdo na prensa, dicindo que o cuatripartito non estaba a cumprir os obxectivos marcados, que non había dialogo, que todo fora un fracaso, que o alcalde lles fallara, que a comunicación entre eles non existía, en fin o cualificaron continuamente de desastre, pero !!!!!! tranquilos!!!!!!! que isto non se rompe, que o cuatripartito segue. O certo é que ten razón i esa é a percepción dos nosos veciños na rúa, pero MENUDOS INCONGRUENTES estes tipos, logo de alarmar sobre unha situación INSOSTIBLE, resulta que agora todo se arregla cun "soldo máis". Menuda cara a destes persoeiros.
Se iso que denunciaron continuamente é certo, abandónase o goberno e fáiselle oposición. Si este señor non é capaz de atender as súas obrigas que deixe paso ao seguinte, que ninguén lle obrigou a presentarse ás eleccións. Se ten que estudar en Vigo, parécenos ben e que o faga, pero é o seu problema e non o dos grovenses que terán que pagar as "chulerias" deste grupo que sempre presumiu de sensatez e equilibrio pero todo o acaba de botar pola borda.
Tamén o alcalde tería que dar explicacións deste tema. Unha vez máis vese obrigado a pagar peaxe para que non se descompoña este goberno que nos toca sufrir. A súa nula ascendencia sobre os demais grupos e a súa nula capacidade de coordinación e capacidade fai que teña que pasar por caixa en vez de antepoñer a sensatez e os intereses xerais dos veciños, que unha vez máis se ven ninguneados.
Estas eran en definitiva, as conclusións destes veciños que levaban un tempo empeñados en non falar de política local, pero con esta noticia foilles imposible. Facían votos para que de aquí ao final do mandato non houbese máis "temiñas" deste estilo e que o goberno lles dese algunha boa noticia . Vai estar complicado, dicía un deles cando se despedía. Saudiña.

No hay comentarios: