sábado, 12 de diciembre de 2009

Predicar co exemplo

O Partido Popular do Grove, esixe ao alcalde que se aplique a si mesmo, as condicións que pública e insistentemente solicitou para os demais.

Dende fai días temos constancia que o xulgado de Cambados citou para o próximo 18 de xaneiro ao alcalde de O Grove, "para declarar en calidade de imputado" en relación a unha denuncia posta por un empresario local como consecuencia da adxudicación da obra do edificio administrativo para o Concello do Grove.
Á marxe do que alí pasará, que iso xa o dilucidará o xuíz, dende o PP de O Grove querémoslle recordar as distintas ocasións, que como consecuencia do xa coñecido como "caso das listas vascas" en que, por seren citados a declarar nas mesmas circunstancias ca el agora (é dicir, imputados) solicitou, máis ben esixiu de dous compañeiros da corporación, Miguel Ángel Pérez García e Alexandre Aguín Castro, a súa inmediata dimisión.

Tiveron que soportar unha autentica cruzada e cacería dirixida por este alcalde, para a cal non dubidou en usar fondos públicos, contratando para elo un avogado que exercera a acusación particular (cos cartos do concello, non cos do seu peto ou do seu partido como correspondía por tratarse dun asunto que en ningún caso competía ao concello).
Vergonzosamente, e logo de recorrer o auto do xulgado de Cambados, que apartaba da participación neste asunto aos nosos compañeiros, recorreu ata a Audiencia Provincial onde lle dixeron o mesmo. Nese momento, xa se deu por vencido. Os argumentos que no seu día deu para personarse no caso e contratar un avogado con cargo aos fondos públicos (recordemos, defender o interese público, o interese dos veciños, esclarecer a verdade, etc.) danse igualmente nestes momentos, sen embargo, logo da renuncia do avogado en seguir no caso, nin ordenou poñer outro nin se preocupou máis do asunto, o cal demostra "que aquilo non era máis que unha cacería política".

O que recordamos hoxe é o proceso polo cal Miguel Ángel Pérez e Alexandre Aguín foron imputados pero felizmente a verdade imperou resolvéndose o asunto coa exculpación destes compañeiros por parte da xustiza.
Por este motivo, por estaren imputados, se lles solicitou a dimisión irrevogable, non só polo alcalde senón pola corte de compañeiros que o acompaña no goberno e incluso algúns, nun intento de diferenciación convocaron unha rolda de prensa ao efecto.

Ningún deles todavia hoxe, varios meses despois, tivo a dignidade de pedir desculpas polo linchamento que sen probas levaron a cabo. Agora, nunha mostra máis do nepotismo e a incongruencia que mide moitas das súas actuacións, "non é quen (o alcalde) de aplicarse o conto".

Solicitámoslle, que faga el, o que solicitou para os demais, nunha clara mostra de que o seu criterio, a súa vara de medir é igual para todos. Do contrario, estaría a confirmar o oportunista, a intransixencia e o despótico do seu proceder.

Aos demais compañeiros instámoslle a que recollan a hemeroteca daqueles tristes días, as súas declaracións políticas (de boca grande) en tódolos medios (entrevistas, declaracións, comunicados, sesións plenarias, etc.) e manteñan agora o discurso de entonces. Os argumentos para dicir o que dixeron i esixir o que esixiron son os mesmos, "que un membro da corporación está imputado" i en consecuencia deberán solicitarlle tamén ao seu compañeiro o mesmo que solicitaron para os do PP. Ou é que non somos todos iguais?
Que todos eles se apliquen o conto, e sendo o primeiro edil non ten iso un grado máis de responsabilidade?

No hay comentarios: