sábado, 19 de diciembre de 2009

Ayyyyyy........, !!!! os irmáns !!!!!


Ayyyyyy........, !!!! os irmáns !!!!!

Comentábase estes días á porta da lonxa, o sucedido cos premios das Xornadas do Centolo. Que vos parece?
É que ninguén apreciou algo cando menos, grotesco? Ou é que como xa van tantas, xa nos teñen acostumados e o extraordinario o que noutros non tería nome, nos empeza a parecer normal?.
Dicía este estupefacto veciño que, seguramente, o irmán do concelleiro de Turismo, o sr. Olleros, seguramente é un cociñeiro fenomenal, recoñecía que el non o podía valorar porque non tiña estado nunca no seu establecemento pero as referencias que tiña eran moi boas e iso xa lle valía en canto á súa profesionalidade i estaba convencido tamén que a receita que tiña elaborado para o concurso de cociña das Xornadas do Centolo era magnífica. Merecedora inclusive do primeiro premio, ...!!!! pero !!!!, xa empezamos cos peros, mira que son retorcidos.
Pero resulta que é o irmán do concelleiro de Turismo, o concelleiro responsable da Xornadas, e.......... non vos parece este o caso daquel refrán que fala que a reina, ademais de selo, tiña que parecelo.
Pois tés razón tú,,,,, dixeron os outros tres a un tempo e quedaron pensando.
A foto era moi bonita (a de un entregando o premio e o outro recolléndoo), moi tenro, pero a verdade é que o xesto sobraba nesta celebración. Porque algo que resultou ben, (as xornadas) as estropean cun xesto coma este? Non se lles foi a man neste tema?
Pareceríalles ben, si isto o fixera o alcalde anterior cun familiar seu?.
Teñen a especial habilidade, estes personaxes de facer que o grotesco, o infumable, o que non se debe facer en definitiva, o converten en normal cando o fan eles i é un autentico escándalo cando o fan os demais.
Sen embargo, dicía este paisano, que a pesares de que o asunto non saíse nos medios, estaba convencido que os nosos veciños este escandaloso xeito de comportarse non lles dá igual. Hasta outra.

No hay comentarios: