Estes días solo se fala do magnífico espectáculo que ofreceron os Beyer Boys o sábado pasado no Pavillón. Foi precioso e conseguiron ademais que moitos grovenses viaxaran á súa añorada xuventude a través das súas cancións. Todo un éxito, porque tamén conseguiu xuntar no persoal a estes cinco amigos que compartiron tanto e nos últimos anos estaban algo distanciados.
Dicían, os que recordaban o asunto, que a situación débese ao empeño da filla dun deles (de Juanito "Liriño") que quería coñecer o que tantas veces había escoitado que había feito o seu pai e non entendía tampouco porque estaban tan distanciados.
Puxéronse mans a obra, e o contactar co Concello para o tema do Pavillón apareceu a milagreira figura "do noso Antón" que fino como é veu o filón do tema e monopolizouno.
!!Vaia que si o monopolizou!!. O vídeo que presentaron no pavillón parecía máis unha homenaxe a el que aos propios Beyer Boys.

Na súa liña habitual de autobombo, eclipsou inclusive a figura do alcalde, que non deixou en ningún momento que amosara a cabeza, Este feito, empañou un pouco o éxito da noite, tal como comentaba a xente saíndo do pavillón. Cando pediron subir ao escenario para brindar, solo subiu Antón, dicíndolle alguén ao alcalde que el despois, ao final. Pero ao final, cando xa todo o mundo se despedía e unha voz anunciaba as persoas que solicitaban subir o escenario, alí nomearon a toda España, a Antón e do noso alcalde ninguén se acordou.
Quen fixo os guións desa noite? Porque ese desprezo ao alcalde? O egocentrismo deste persoeiro pode con el; si non é o perexil de tódalas salsas, o pobre morre.
Por qué nesta ocasión o noso alcalde non se queixa "a voz en grito" polo desprezo, como cando o fai coa Deputación? Como é tan atrevido co vicepresidente da Deputación (sr. Durán) que cumpriu a raxatabla o protocolo e deixa pasar esta labazada en tódolos fociños do seu compañeiro de goberno diante dunha morea de veciños, cando este era un acto do concello?. Dí o refrán que "pola boca morre o peixe" i é certo, pero nunca esperabamos que "picase" tan pronto. A verdade que o Antón é un bo pescador de oportunidades pero nesta ocasión (como noutras moitas) pasouse. Aínda que non lle guste, o alcalde é quen é.
Tampouco nos gusta a moitos de nós e nesta ocasión sentímonos tan menosprezados coma el. E xa postos a dicilo todo, reclámanlle estes veciños, namentres pasean polo Corgo, que utilice con este persoeiro a mesma enerxía que demostra coa Deputación, senón vamos a pensar que todo forma parte dun cortina de fume que pretende agochar outras cousas, outras eivas da súa función.
Sexa valente e non deixe pasala oportunidade; total xa están os orzamentos aprobados e as eleccións municipais achéganse.
Sexa valente e non deixe pasala oportunidade; total xa están os orzamentos aprobados e as eleccións municipais achéganse.
Saudiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario