MIGUEL ANGEL PÉREZ GARCÍA e en calidade de voceiro do Grupo Municipal Popular,
EXPON:
Que para un bo exercicio da labor de oposición que este Grupo Municipal ten encomendado na corporación deste concello i en relación coas obras que se están executando nestes días na Salga de Moreiras,
SOLICITA:
- Copia do expediente de contratación da obra, "Restauración parcial e transformación da Salga de Moreiras nun Centro de interpretación interactivo de salga, escabechado, seca e outros procesos de conserva" correspondente ao Plan E e cuxo importe é de 142.417,48 euros.
- Copia do escrito onde Patrimonio da Xunta de Galicia encarga ao concello de O Grove facer as calicatas, ás que se refire o sr. alcalde nas súas declaracións públicas do 20 de novembro de 2009.
- Nome do arqueólogo encargado (segundo as mesmas declaracións) da dirección das citadas calicatas.
- Identificación das persoas que durante os días da semana comprendida entre o 16 e 20 de novembro de 2009, traballaban na Salga de Moreiras, así como si eran empregados dalgunha empresa ou empregados municipais.
- Identificación e nome do responsable municipal que deu a orde do inicio dos traballos levados a cabo no lugar.
O Grove, 23 de novembro de 2009
ILMO. SR. ALCALDE - PRESIDENTE DO CONCELLO DE O GROVE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario