Unha vez máis o Concelleiro de Cultura volve a sorprendernos coas súas rebuscadas desculpas para intentar disfrazar o salto dunha edición do Premio de novela Manuel Lueiro Rey. Pero coas súas declaracións non fai máis que confirmar que nós estabamos no certo.
Convocar o premio a 45 días de rematar o ano e despois da nosa denuncia pública é, cando menos, sospeitoso. Cambiar o ciclo para o sr. Mascato debe ser saltarse unha edición.
Onde están publicadas as bases? Cómo agora sae a prensa dicindo que se vai convocar a semana que ven? Onde o tiña anunciado? Ou acordoulle agora que nós o denunciamos?
E o feito de que hoxe diga que a entrega do 2008 vaise facer o vindeiro día 13 segue a confirmar que a maneira de traballar deste departamento é a improvisación e o engano e que os xuízos de valor e as opinións trocadas son as del.
Claro que houbo premio no 2007, convocado polos concelleiros do Partido Popular; claro que o houbo no 2008, grazas ao traballo realizado en anteriores edicións polo Partido Popular. No 2009, dende logo nono vai a haber, en tal caso será no 2010.
O partido Popular en ningún momento se atribuíu a creación do Premio, pero si é certo que durante os anos do seu goberno introduxéronse importantes melloras na súa edición, convocándose tódolos anos, acadando a publicación das obras gañadoras e traballando arreo para promocionalo e dese xeito imprimirlle o prestixio e consolidación que hoxe ten.
A actual concellería, sen embargo, non moveu un só dedo para promocionar o certame, senón todo o contrario. Como se entende que no programa (publicado) do día das Letras Galegas deste ano se lle dedicasen actividades ao mencionado autor e logo de seren suspendidos os actos por motivos alleos á organización, cando estes se retoman e celebran no mes de xuño, non aparecen as mencionadas actividades por ningures cando si se dedican a outros autores.
Ao respecto do acto de entrega, facíase como debe ser a dun premio deste prestixio, con actos paralelos e convocando a toda a corporación e a familia do autor. Actos, nos que por certo sempre participaron os seus compañeiros de partido. No tocante á comida que se celebraba cos membros do xurado e premiado (parécenos o mínimo) pero que tanto lle preocupa dareille un dato; fixéronse sempre en restaurantes do Grove, co cal ao tempo promocionabamos e axudabamos a fomentar a hostalería local, e nunca contratando caterings "de fora do noso concello" como adoita a facer o actual concelleiro. Tendo a variadísima e profesional oferta que temos no Grove en restauración parece un desprezo contratar a ninguén de fora. O mesmo sucedía co ramo de flores que se entregaba en cada edición e que ao sr. Mascato tanto lle molesta.
Falta á verdade cando di que non se autonomeu membro do xurado, porque calquera que consulte ás bases da XVI edición que el mesmo editou pode comprobar que di oseguinte: Actuará como membro do xurado, con voz e sen voto, o concelleiro de cultura do Concello de O Grove.
Para rematar, poñemos en dúbida que os libros da obra gañadora da edición do 2008 estean nos centros educativos, xa que nas averiguacións feitas onte mesmo non atopamos resultado positivo do mesmo, do mesmo xeito que onte mesmo puidemos comprobar que non estaba na biblioteca municipal como se afirmou.

No hay comentarios:
Publicar un comentario