No percorrido que estamos a facer polos programas dos partidos políticos que conforman o cuatripartito e moi concretamente por aquelas medidas que cada un deles presentou no seu día como "medidas estrela", atopámonos hoxe coas " 15 ACTUACIÓNS URXENTES " propostas polo BNG e que "cuspidiño" aos seus compañeiros non cumpriron ningunha delas.
Vivendas protexidas
Unha das primeiras medidas que prometeron como urxentes, foi a construcción de vivendas protexidas. Está ben este compromiso, este anhelo por parte de calquera gobernante; o que xa non está tan ben é que con elo pretenda enganar a ninguén. Non se pode prometer unha cousa si de antemán xa se sabe que non se vai esforzar en conseguila dende o momento en que deciden aparcalo PXOM.
Ten especial gravidade este tema neste grupo político porque deles dependía a responsabilidade de vivenda na Xunta de Galicia bipartita e fixeron dela a súa bandeira. Sen embargo, cando o seu líder presentou o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial en Santiago, O Grove quedou marxinado. Non apareciamos por ningures; nunha das areas previstas onde O Salnés aparecía mesturado con distintos concellos galegos , dotábase a mesma con 4.000 vivendas das cales <>nin unha soa era para O Grove.
Tivo que ser o Partido Popular, a través dunha moción presentada no pleno da corporación quen alertase da situación e solicitase que O Grove fose incluído en dito Plan. Non tiveron máis remedio que apoiar a moción. Dá idea esta situación da preocupación deste grupo político por facer vivendas no Grove e tamén da importancia que o mesmo lle daban os seus compañeiros en Santiago.
Local de ensaio
Prometeron tamén, "un local de ensaio". Que nós saibamos, o mentado local para ofertarllo aos distintos grupos musicais e outras disciplinas artísticas tampouco existe. Non sabemos se o plantexaron sequera onde correspondía (Dirección Xeral de Xuventude) ou simplemente, neste departamento non o consideraron. Dende logo, nin no pleno da Corporación nin a través dalgunha iniciativa que se puidese dar o apoio explícito ao mesmo, o plantexaron. Tivemos sen embargo oportunidade de comprobar nos medios de comunicación como por Galicia adiante se inauguraban centros deste tipo. Puidera ser que os nosos compañeiros non tivesen a forza suficiente na organización para seren escoitados?. O certo é que outra das súas promesas estrala quedou no tinteiro?.
Sector turístico e hoteleiro
E que nos din da "Dinamización do sector turístico e hoteleiro". Supomos que esta promesa estaba tamén baseada na responsabilidade que os seus compañeiros na Xunta tiñan. Eles eran os responsables da área de Turismo, pero aquí non se notou absolutamente nada. Tendo este instrumento de man foron quen, sen embargo, de permitir que O Grove deixase de facer promoción no exterior, abandonando a asistencia a feiras, work-shops, etc.
Nunha espectacular "pirueta" apoian o tiro de pichón nun pleno para non quedar descolgados do resto da corporación, namentres os membros deste grupo asistían a manifestacións en contra do mesmo ou "dábanlle paus" tódolos días ao evento.
O tempo anuncian, para disfrazalo tema a súa proposta alternativa que é a posta en marcha dun Plan de transporte marítimo que ía enchelo Grove de portugueses por esta vía, e do cál dous anos despois aínda non se sabe nada.
Déronlle as costas ao sector na aposta destes por conseguir un campo de golf no Grove e os enfrontamentos co sector son continuos.
En resumidas contas non aportaron absolutamente nada ao sector no noso concello a pesar de ter a posibilidade de facelo, por ser responsables do turismo en Galicia durante catro anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario