O Partido Popular sospeita que algún interese comercial ou de editoriais poida estar detrás da desatención a que está sometido o Premio Lueiro Rey nestes anos do cuatripartito.
O Grove, 2 de novembro de 2009.- En xuño de 2007, cando o Sr. Mascato tomou posesión da concellería de cultura, atopouse cun premio literario plenamente consolidado e en auxe, logo de anos de esforzos e importantes colaboracións de persoas para que así fora. As bases da XV edición foran editadas en febreiro de 2007 (como habitualmente) e difundidas por toda Galicia.
Non sabemos si ao Sr. Mascato non lle gustaría que outros levasen os méritos do traballo e foi por elo, que quixo imprimirlle ao premio o seu selo persoal, que non é outro que a improvisación e a falta de organización.
Nin corto nin perezoso, auto nomeouse a se mesmo, secretario do Premio e organizou unha entrega "de tapadillo" repletiña de despropósitos: fíxose a véspera de Reis (supoñemos que para sacarlle o protagonismo a Cabalgata), non se informou nin se convocou a familia, nin tan sequera a corporación e inclusive a membros do seu goberno, tampouco se convocaron actos paralelos.........e incluso por non facer ni tan sequera se fixo entrega do Premio ao gañador dese ano que se foi para a súa casa sen o importe do premio e sen os 25 exemplares que, como gañador, lle corresponden. Pero iso si, como ven sendo habitual nos membros do cuatripartito, o concelleiro de cultura prometeu unha morea de actividades para promocionar a figura de Lueiro Rey cara as Letras Galegas do 2011.
O 2008 non fixo máis que empeorar a cousa. Como esta vez non tiña o traballo feito quizais pensou que non se ía notar se non se convocaba, pero unha vez máis atopouse con que o traballo ben feito en cultura polo Partido Popular nos anos precedentes seguía a dar os seus froitos e os orixinais para a edición do 2008 comezaron a chegar ao concello, a pesar de non estar convocado o Premio. Non lle quedou outra que convocar a XVI edición tarde, mal e arresto en setembro dese ano cunha simple nota de prensa nos diarios de edición comarcal; pero iso si, do que non se esqueceu foi de aumentar o seu protagonismo auto nomeándose esta vez, membro do Xurado. Claro que non lle facía falta traballar máis posto que contaba coa vantaxe de que xa tiña os orixinais no peto. Sen embargo, da entrega desa edición non se sabe nada. Estamos a piques de rematar o ano 2009 e aínda non se entregou o premio do certame do 2008.
É de supoñer pois que este ano non se vai convocar e cabe preguntarse se o desinterese polo Premio se debe tan só á súa incapacidade de xestión cultural e á do alcalde (que non é capaz de por orden en ningún dos temas) ou se tamén inflúen algúns intereses comerciais.
Que é o que pretenden o Sr. Mascato e mailo alcalde?
Deixar morrer o certame porque a súa organización require moito traballo?
Que non sexa a actual editorial a que edite o premio, como din as malas linguas?
O único que queda claro é que, a estas alturas do ano (finalizando o mesmo), nin se entregou o premio do 2008, nin temos coñecemento de que a obra gañadora fose editada, nin se fixo a convocatoria do 2009, nin se organizou ningunha das actividades nin actos para potenciar a figura e a obra de Manuel Lueiro Rey que unha tras outra vez prometeron.
Como pode comprobarse, todo un desaguisado que amais de sumir o premio no esquecemento, a base de trocar as datas, estanse a eliminar edicións

No hay comentarios:
Publicar un comentario