sábado, 31 de octubre de 2009

AS PROMESAS DO ALCALDE SEGUEN SIN SER CUMPRIDAS

FAI UN ANO E MEDIO QUE DIXO QUE AS OBRAS EMPEZARÍAN DE MANEIRA INMINENTE
Hai un ano e medio, o Sr Cacabelos anunciou a bombo e platillo, tal e como nos ten acostumados desde a súa chegada, que aproveitando as obras que o goberno do Partido Popular adxudicara na Rúa Luís Seoane, ía inmediatamente despois do seu remate, comezar as obras do segundo dos tramos da rúa. Acompañado desta importante obra para o noso concello, tamén ía aproveitar para facer un cambio de sentido do tráfico na Rúa Castelao, a rúa máis comercial do Grove, a cal, segundo el, ía traer nova vitalidade ó comercio da vila.
Pois desde esas datas, ata o día de hoxe, e despois de anunciar tres meses máis tarde que coa chegada do verán era mellor non comezar as obras para non provocar un caos circulatorio nunhas datas nas que xa por si mesmo se fai complexo conducir polas rúas da vila, esta mesma escusa serviulle en non menos de SEIS OCASIÓNS (e outras tantas que nos quedan) para a día de hoxe non ter nin anunciado de novo, o próximo comezo das obras.
I é que os veciños desta vila xa están fartos das MENTIRAS do Sr Cacabelos, que o único que sabe facer é anunciar proxectos que non comezan, e comezar proxectos que, a día de hoxe, son inútiles e ilegais, como a rúa que se abriu para o futuro centro de saúde. Mentres, durante o tempo que leva anunciado a reforma da Rúa Luís Seoane, xa se sufriron innumerables cortes de auga, continuos rebentóns, e baches que enchen unha rúa a cal non se lle pon man, “porque a súa reforma é inminente”.
Pero unha das cousa máis incribles do caso e a cal desconcerta ó noso partido e apoia a validez do noso argumento da deixadez, da falta de ideas, do desgoberno e de que ó Sr Cacabelos o cargo de Alcalde QUÉDALLE MOI GRANDE, é o feito de que un ano máis tarde de levar unha modificación de crédito, esta aínda estea sen adxudicar.
Despois de ver como tódolos males deste concello son grazas á Deputación de Pontevedra, o Sr Cacabelos ten a oportunidade de demostrar a súa xestión facendo tan só o que prometeu, e non é capaz de levar a diante algo tan simple.

No hay comentarios: