Que vos parece o novo lio que teñen no cuatripartito polas queixas de Neno (o de I.U.) de que non se cumpre nada do acordado no pacto de goberno?
Dicíalle un home o outro dia aos compañeiros de tertulia na punta do muelle. Como podedes entender as versións eran tantas como persoas participaban, pero ningunha era moi alentadora en canto a situación que vive o noso goberno.
O último dos contertulios, pois eran catro, ante as evidencias lamentaba o de sempre, catro anos perdidos e agora sen desculpas pois a oportunidade que sempre pediron aquí a teñen e non saben aproveitala. Vailles pasar como os do bipartito. O discurso de que se necesita unha maioría tampouco vale, posto que a teñen ABSOLUTA e polo menos por agora non demostraron que valese de moito máis que ter unha minoría como había antes.

Non pode ser que se queixe agora este home cando veñen permitindo "o desastre" (según el), que incluso o alcalde lles fallou,etc. e logo que diga que avalan a continuidade do goberno e sobre todo si lle dan unha dedicación exclusiva máis para Xan Lamelas ou polo menos algún funcionario para que lle axude; dicía o primeiro deles.
O da súa dereita levaba o tema máis alá e aventuraba que o goberno estaba rompendo ante a cada vez máis cercana data das eleccións. Hai que ir tomando posicións dicía el.
Outro deles, máis sarcástico preguntaba: é que estiveron algunha vez xuntos? sabía calquera deles o que facía o outro? sabía sequera o alcalde a que se dedicaban os demais? marcou algunha vez unha liña a seguir? É o alcalde pero é o que menos capacidade de decisión ten, porque non chega, non lle deixan decidir en máis do sesenta por cen dos temas do concello. Bea, ten máis capacidade de decisión ca el, e co seu consentimento, non vaia ser que o apeen do sillón. Nunca o Grove estivo tan desatendido, i esta vez si é por cuestións partidarias, porque precisamente tódolos roces veñen por seren 4 a mandar, ou perdón 3, porque este que xenera agora o lío xa di el que está de comparsa.
O último dos contertulios, pois eran catro, ante as evidencias lamentaba o de sempre, catro anos perdidos e agora sen desculpas pois a oportunidade que sempre pediron aquí a teñen e non saben aproveitala. Vailles pasar como os do bipartito. O discurso de que se necesita unha maioría tampouco vale, posto que a teñen ABSOLUTA e polo menos por agora non demostraron que valese de moito máis que ter unha minoría como había antes.
Coa mesma, xa se acaba o muelle e dous deles tiraron cara a Lordelo e os outros dous pa Peralto.
Ata mañá
1 comentario:
Tedes unha enquisa aberta sobre a valoración do cuatripartito na páxina de O Grove Dixital. Ahí podedes votar e ver qué apoios ten o goberno municipal.
Publicar un comentario