O Partido Popular de O Grove denuncia a irregular maneira de proceder na que se está instalando o Concello de O Grove, de mans do seu alcalde.
O Grove, 16 de novembro de 2009
O Concello de O Grove, que parece empeñado en saltarse tódolos procedementos establecidos para o correcto funcionamento dunha administración pública, debendo favorecer a transparencia, garantindo os dereitos dos administrados e salvagardando a igualdade de oportunidades, unha vez máis saltase todo elo e inicia unhas obras sen haber levado a cabo o procedemento de adxudicación da mesma.
A obra en cuestión pertence ao Plan "E" e baixo a denominación, "Restauración parcial e transformación da salga de Moreiras nun Centro de Interpretación interactivo de salga, escabechado, seca e outros procesos de conserva" por importe de 142.417,48 euros é a única obra deste plan pendente de adxudicar.
A preocupación do Partido Popular non ven derivada da obra en si, posto que a potenciación do proxecto de Moreiras inclusive o aplaudimos, non en vano fomos os impulsores do mesmo; senón da práctica que o noso alcalde e todo o equipo que o rodea está a implantar no noso concello, actuando ao marxe da legalidade.
A casos, como a contratación dun edificio sen os proxectos correspondentes e informes xurídicos en contra (que agora mesmo atópase na xustiza); ou aperturar rúas con tódolos servizos (aínda que o alcalde lles chame agora zonas de paso) que non existen en ningunha norma urbanística e tamén acabaron pola súa irresponsabilidade nos xuzgados, úneselle agora unha nova modalidade que é comezar as obras sen o correspondente proceso de adxudicación. É moi probable que esta maneira de proceder acabe no mesmo lugar que as anteriores.
Polo seu importe, esta é unha obra que non ten que saír a subasta senón que se soluciona cun procedemento negociado con publicidade que implica unicamente solicitar tres orzamentos e logo adxudicarllo a aquel que ofreza a oferta máis vantaxosa para o concello. Neste caso, xa hai unha empresa que leva varios días traballando sen que se resolvera o procedemento.
A verdade, descoñecemos cales poden ser os inconfesables e ocultos intereses para proceder como o fan, cando levar adiante e culminar o expediente como Díos manda é facilísimo. Pero ademais e o marxe da cuestión meramente administrativa, que pensaran os nosos veciños, cando comproban que esta é a maneira de actuar deste concello? como quedan as empresas que envían os orzamentos tratando de optar a un traballo, cando comproban estas practicas, máis propias dun lugar como Somalia que dunha administración pública que debera velar polos intereses de todos?.
Pensemos tamén nas consecuencias que esta actuación puidera acarrear ao noso concello porque si unha empresa está a traballar sen ningún tipo de contrato, que pasaría se houbese na obra algún accidente? de quen seria a responsabilidade?.
Responsabilidade probablemente sexa a palabra cable, responsabilidade é o que falta neste alcalde que está, con estas actuacións, poñendo ao limite tódolos días o concello cun proceder para o que non foi elixido, nin os nosos veciños queren.
Esperamos explicacións deste feito que nos parece gravísimo i esiximos que este tipo de prácticas de favoritismo, de actuar fora da legalidade, rematen de inmediato posto que xa se están a converter nunha característica do noso concello e dende o Partido Popular non a vamos permitir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario