No pasado pleno este Grupo Municipal mostrou a súa preocupación por uns vertidos de augas fecais que se están a dar en determinados lugares do noso concello; máis concretamente en Terra de Porto e Confín. Como non se nos chegou a definir si estaba previsto facer algo nestes lugares para evitar esta situación insistimos de novo na mesma e
PREGUNTO:
Está previsto actuar ou levar a cabo algún tipo de medida nestes lugares ?.

A obra levada a cabo co Plan E, no lugar de Porto de Meloxo mailo tramo de carretera que leva ata o alto de O Con que supuxo a instalación de recollida de augas pluviais nos tememos, e sobre todo os veciños se temen que non teña os resultados previstos.
En dúas ocasións das que choveu con certa intensidade, a zona máis baixa da obra (correspondese co lugar do Porto) por onde deberían desaloxar as augas pluviais cara ao mar converteuse nunha autentica piscina.
Estamos de acordo en que no lugar introduxérase esa mellora. A instalación de colectores de augas pluviais parécenos importante, pero cando se fai como Dios manda.
Teñen vostedes noticias da situación que se dá alí cada vez que chove un pouco máis que da conta ?
Dísenos incluso, por parte de veciños do lugar que non foi posta saída algunha de augas cara ao mar.
E certa, esta circunstancia? ¿Contiña ou non o proxecto unha saída que desaloxase as augas?.

Estamos asistindo estes días (nos medios de comunicación) a unha serie de noticias ao respecto das "en teoría" funcións do Consello sectorial do Turismo e a Festa do Marisco que nos deixan un tanto perplexos por canto, como membros do mesmo non sabemos absolutamente nada.
Levamos máis de dous anos asistindo aos citados consellos e nos mesmos nin se aporta nin se debate nada. Producto diso é a queixa de determinados colectivos que solicitaron unha xuntanza especifica para tratar sobre o tema, e foi posta data inclusive pola alcaldía.
Como aínda non sabemos nada da mesma e sen embargo asistimos a diversas propostas que como dicía ao principio "en teoría" deberían tratarse neste órgano, para evitar precisamente situacións como a xenerada ata o de agora, é polo que

Está convocada esa xuntanza?
Si é así, non se pensa convocar a mesma aos grupos da oposición?

Logo dunha exposición pública e posterior período de alegacións do expediente de deslinde de bens de D.P.M.T. da costa do noso concello, (proceso no que xa dixemos, que non se actuou correctamente pola nula información ao vecindario), obtivemos resposta por parte do Ministerio de Medio Ambiente a través de oficio de data, 18 de agosto pasado no que resolve, aprobar o deslinde dos bens de dominio público da costa do noso municipio a excepción duns determinados lugares comprendidos eles en espacios naturais na súa maioría.
Aparece tamén entre estes, a zona de Porto de Meloxo, para a cál, o citado organismo, ampla a doce meses o prazo de resolución e notificación do expediente de deslinde neste lugar (Porto de Meloxo, espacio comprendido entre os vértices M-258 e M-325, máis concretamente).
Non nos parece unha boa noticia, por canto se pon en dúbida o caracter de urbano do lugar e provoca que toda aquela zona estea agora suspendida e con risco de perder esa condición (a de urbano) que deixaría practicamente tódalas construccións feitas alí nos últimos anos fora de ordenación e que as parcelas non construídas perdan a posibilidade de facelo no futuro. Como queira que é un tema de especial gravidade, que non foi tratado (baixo o nos xuízo) coa atención que requiriu, é polo que,
PREGUNTO:
Houbo, dende a notificación a que me refiro algún movemento máis con respecto deste tema?
Vaise facer algo por parte do goberno?
Informouse aos interesados (aos veciños) do que sucede no lugar?
Pénsase contar cos demais grupos políticos para tratar este asunto?

No hay comentarios:
Publicar un comentario