EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.-
As distintas administracións están adoptando unha serie de medidas preventivas ante a pandemia de gripe A (N1H1) e a posible afectación dunha parte importante da poboación, encamiñadas a mitigar a transmisión da enfermidade e dar resposta ao eventual impacto que puidera darse sobre o mantemento dos servizos básicos á poboación, e polo tanto sobre a actividade económica e social.
A anticipación coa que deben adoptarse este tipo de medidas, a proximidade dos meses en que se estima unha maior incidencia na poboación e a proximidade co cidadán que ten a administración local, fai que os concellos deban adoptar todas as medidas informativas e preventivas ao alcance da súa man.
Dentro do marco da coordinación e colaboración institucional, a Consellería de Sanidade e a FEGAMP estableceron recentemente un acordo, polo que os concellos colaborarán na loita contra a gripe A, a través do desenvolvemento de tres liñas principais de actuación:
- Difusión de información a poboación: distribuíndo e promovendo a información da Consellería de Sanidade, ademais de elaborar información propia en base a protocolos comúns.
- Aplicación dos protocolos de actuación dos concellos como empresas nos seus centros municipais: ademais de protexer aos seus traballadores deberán asegurar o mantemento dos servizos básicos.
- Colaboración coas institucións sanitarias situadas en cada un dos concellos.
Por todo o exposto, o grupo político municipal do Partido Popular, propón ao pleno do concello a adopción dos seguintes ACORDOS:
A) Creación dunha Comisión Municipal Interdepartamental (servizos sociais, protección civil, educación,etc.) que ademais incorpore un representante de cada grupo municipal, que desenvolva as liñas estratéxicas dentro dun Plan Municipal de continxencia fronte a gripe A, onde se centralicen e coordinen todas as accións municipais.
B) Dito Plan Municipal contemplará, sen menoscabo das que se acorden no seo da Comisión, as seguintes actuacións:
- Promover actuacións informativas e formativas para divulgar entre o persoal municipal toda a información en relación coas medidas de prevención e protección fronte a gripe A, baseándose para iso na información achegada polas autoridades sanitarias ("A gripe A(n1H1) nas empresas deGalicia"), co obxectivo fundamental de:
* manter a actividade indispensable
* reducir a transmisión entre o persoal
* protexer aos traballadores con máis risco de gripe - Dar instrucións aos traballadores municipais e/ou empresas concesionarias do servizo de limpeza das dependencias municipais, para queextremen os coidados de limpeza e desinfección de acordo ao establecido nas recomendacións da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
- Elaborar/promover unha planificación de continxencia do absentismo laboral para o persoal municipal, e para cada unha das empresas concesionarias dos servizos municipais, que de resposta aos distintos niveis de absentismo por baixa que se poidan producir e deste xeito poder garantir o mantemento e continuidade de servizos básicos aos cidadáns.
- Promover a posta en marcha de accións formativas/ informativas dirixidas aos traballadores do ámbito socio-sanitario (protección civil, axuda a domicilio,etc.) e representantes do tecido asociativo do concello para que actúen a súa vez como axentes informativos e divulgativos de todas as recomendacións, medidas preventivas e de protección, que establecen as autoridades sanitarias.
- Promover a posta en marcha de accións informativas dirixidas a poboación xeral, para a divulgación de medidas preventivas conforme a información achegada polas autoridades sanitarias. (" O que tes que saber sobre a gripe A está na túa man", http/www.sergas.es/gripe, tlfnos..902.400116 e 981.953400), a través de folletos, bandos, charlas informativas, internet, etc.
- Elaborar un protocolo de coordinación de servizos socio-sanitarios que promova a participación cidadá, en colaboración co tecido asociativo do concello, que optimice a resposta sanitaria (aliviando a demanda de consultas innecesarias nos centros de saúde e Pacs) e socio-sanitaria;devandito protocolo debe contemplar actuacións sobre os colectivos que poden ser máis vulnerables á pandemia, como as persoas marxinadas, as confinadas ou inmobilizadas no seu domicilio e os nenos.
- Ofrecer colaboración especial cos Centros educativos do concello (Educación Primaria, e ESO) na aplicación dos seus propios protocolos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario