miércoles, 28 de octubre de 2009

MOCIÓN SOBRE A PRESERVACIÓN DA VARIEDADE ALBARIÑO NO DESENROLO REGLAMENTARIO DA OCM.


O Partido Popular do Grove presentou esa moción por urxencia no Pleno do luns 26 de outubro, pero o goberno cuatriparito rexeitou a súa inclusión na sesión plenaria.
Debido a esa gran decisión dos que se fan chamar "progresistas"... será presentada por rexistro para proceder ao seu debate no próximo Pleno.
MOCIÓN SOBRE A PRESERVACIÓN DA VARIEDADE ALBARIÑO NO DESENROLO REGLAMENTARIO DA OCM.
O Grupo Municipal do Partido Popular de O Grove, en base a lexislación vixente, presenta ao Pleno da Corporación esta moción relativa á necesidade de que o Ministerio de Agricultura preserve, no desenrolo regulamentario da OCM vitivinícola, a variedade albariño para determinados usos.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
  1. A nova OCM ten previsto, no seu artigo 50.2.b do Capitulo IV, a posibilidade da preservación de certas variedades de uva na elaboración do viño. Esta norma outorgará a cada Estado membro a posibilidade de impedir que no etiquetado dos viños se mencione certa variedade que en función dunha serie de criterios obxectivos, será excluída e polo tanto, preservada.
  2. O criterio esencial esixido pola normativa comunitaria para a preservación das variedades é que "exista risco de confusión para los consumidores sobre el auténtico orixe del vino debido a que la variedade de uva es parte integrante de una Denominación de Orixe o Indicación Xeográfica".
    • No caso da D.O. Rías Baixas, a variedade albariña é a súa variedade principal. Dende os seus inicios, a D.O. foi da man da súa variedade máis emblemática non só a nivel de producción senón tamén a nivel de prestixio e identificación do consumidor.
    • Dos 18.736.895 kilos producidos no 2007 polas variedades da D.O. nas 3.496,73 hectáreas das subzonas de Condado, O Rosal, Ribeira do Ulla, Soutomaior e O Salnés, 17.709.572 kg. corresponden a variedade albariña, 366.544 a de treixadura e 314.522 a de loureira.
    • Respecto da plantación, as htras rexistradas nas subzonas son: 3.175 de albariña, 217 de loureira e 104 de treixadura.
  3. A base social i económica do Albariño afecta a máis de 6.000 persoas que viven directa ou indirectamente dun sector que é o segundo, trala pesca, en importancia en moitas destas comarcas.

Polas anteditas razóns, sometemos a consideración do Pleno da Corporación para que se adopten os seguintes ACORDOS:

  1. Instar ó Ministerio de Agricultura que, no desenrolo regulamentario da OCM vitivinícola, preserve a variedade albariño para uso exclusivo por aqueles viños amparados a Denominación de Calidade que teñan esa variedade contemplada nos seus regulamentos, como é o caso da D.O. Rías Baixas que no artigo 2 do seu regulamento di textualmente que "a protección outorgada ampara exclusivamente o nome da variedade Albariño, que unicamente poderá utilizarse en viños obtidos a partir de uva desta variedade, que cumpran os requisitos establecidos no presente regulamento".
  2. Instar ó Ministerio de Agricultura así mesmo, para que nesa preservación faga especial fincapé na negativa do uso da variedade albariño nos viños de mesa.
  3. E instar finalmente, ó Ministerio de Agricultura a que, entre as variedades de uva preservadas polo Estado Español se contemple a uva albariña; porque a non preservación desta variedade implicaría un elevado custe de control, un escasísimo beneficio para os operadores supostamente beneficiados e unha grande confusión no consumidor que identifica esta variedade coa D.O. Rías Baixas non só a nivel nacional senón tamén a nivel internacional.

No hay comentarios: