jueves, 29 de octubre de 2009

As 10 medidas urxentes incumpridas do PSOE

No recorrido que nos propuxemos facer sobre o grado de cumprimento das promesas electorais dos partidos que compoñen o CUATRIPARTITO, comezamos por revisar as do Partido Socialista, (que foron moitas e variadas) i eles mesmos concretaron a súa acción inmediata en, 10 MEDIDAS URXENTES PARA 100 DIAS, das cales iremos comprobando pouco a pouco que non cumpriron nin a primeira. Hoxe analizaremos tres delas.

Consello Municipal de Asociacións Veciñais
Non só non a cumpriron senón que nin a intentaron. Nunca fixeron proposta algunha sobre este tema; pola contra a comunicación do goberno cos colectivos sociais do municipio estase a caracterizar, precisamente, polo contrario, polo distanciamento, pola escasa participación que lles dan e pola falta de entendemento e bronca na maioría dos casos.
Curiosamente, a participación que foi o discurso destes grupos políticos durante anos é máis escasa que nunca e a principal característica deste goberno neste campo foi facer o contrario do que pregoaron. Non se creou Consello sectorial novo algún (como prometeron) e os que existían déixanos esmorecer: Algúns deles non se convocaron nunca. Chegamos a escoitar incluso nun pleno unha consideración da concelleira de Educación dicindo que para que convocalos " si total xa me dixeron que non valen para nada". Que podemos esperar con estes mimbres?
O único que se ten convocado é o de Turismo e Festa do Marisco, pero o resultado xa o coñecen. Sen contido e co mérito de conseguir poñer a todas as asociacións empresariais esixindo cambios ou do contrario vanse do Consello.
Resumindo, non só non fixeron o prometido Consello de Asociacións Veciñais se non que están empeñados en facer desaparecer os existentes ou simplemente "taparlles a boca".

Urbanismo. PXOM
Con respecto deste tema penso que xa pouco queda por dicir e pouco por comprobar. Logo da batalla que con este asunto deron, cando teñen a oportunidade NON FIXERON ABSOLUTAMENTE NADA (unicamente cancelar o contrato a empresa redactora): Non se convocou unha soa vez a Comisión de Urbanismo para afrontar o tema a pesares de ser a "pedra angular " de casque tódolos males do concello.
A falla de solo habilitado urbanisticamente impide que levemos a cabo moitos os proxectos dos que nunca acabamos de falar, e a inseguridade xurídica para os veciños por non ter un planeamento adaptado á lei en vigor é total.
Non se pode enganar máis tempo aos veciños. Será que agora teríanse que desdicir das moitas barbaridades coas que alimentaron os oídos dos veciños con anterioridade? Que foi de todas aquelas promesas de participación no mesmo?
En moreas de ocasións brindamos a nosa colaboración e apoio incondicional para sacar este tema adiante pero unha tras outra foi rexeitado. Logo temos que oír o discurso de que "temos que arrimar o ombreiro".

Oficina de trámite de subvencións para Asociacións e colectivos
Onde está?
Tramitóuselle a algún destes colectivos unha soa subvención?
Que medidas de apoio cara a eles tomaron?
Vamos camiño de rematar o ano e aínda non saíron as bases para convocar as axudas de cultura e algunhas máis . É esta a maneira de axudarlles?. Parece máis ben de afogalas.
Ademais do consabido distanciamento que conqueriron con moitas delas, coñecemos multitude de exemplos de rexeitamento e desprezo cara aos colectivos, ata o punto de escoitar nun pleno por boca dun concelleiro do goberno "que el non estaba para resolverlles os problemas a ninguén, que si nin sequera sabían cubrir un papel, que se dedicaran a outra cousa" aludindo a axuda non prestada a un determinado colectivo por non presentarlle a solicitude en tempo e forma aínda cando o tiñan feito persoalmente co concelleiro.

O Próximo venres seguiremos con outro grupo, que hai dabondo. Saúdos.

No hay comentarios: