jueves, 22 de octubre de 2009

De Leria polo Corgo

Alguén sabe onde está e que fai o Sr. Besada?. Si,si, o Besada que ten dedicación exclusiva, o que cobra tódolos meses do concello.
Estes días atrás co gallo da Festa do Marisco aínda apareceu nalgunha que outra toma de posición nos aperitivos, pero de novo desapareceu. Vai parece-lo concelleiro-guadiana. Agora está, agora non está.
E digo isto porque o outro día tiven que ir facer unhas xestións ao concello e topeino medio dormitando na mesa da secretaria do alcalde. Como a última vez que fora po alí (facía por aí, un par de meses) tamén o vira na mesma posición, empezoume a preocupa-lo asunto e visto así, si que é preocupante.

Este chaval antes era moi dinámico, traballaba un mundo, levaba ao pleno unha chea de iniciativas, todo o que se facía lle parecía pouco, aparecía en tódolos sarados (incluso foi a Porriño a un partido de balonmán facéndose pasar por concelleiro de deportes daquela, estando na oposición); en fin, un fenómeno.
Logo de anunciarnos tantas cousas durante tantos anos e sendo agora concelleiro de solo e tenente de alcalde (nada menos) porque non fai nada polo PXOM?, porque non evita escándalos como o do edificio administrativo?, porque non busca solo para vivendas sociais?, porque deixa que se desprecen as empresas do Grove?, porque non vota adiante os centos de expedientes de infraccións urbanísticas que tanto denunciou?, porque non lle vota peito a Raeiros, que tan escandaloso era?, como permite abrir unha rúa onde non existen as NNSS?, porque permite os favoritismos cos irmáns dos concelleiros, cos secretarios xerais de partidos,etc.?, Que lle pasa a este rapaz?. Acude ao noso concello o delegado do goberno i el, representante público con dedicación exclusiva, non vai.
Por que?. Para ser coherente co que eles (os do BNG) facían cos seus cargos (acordádevos do tema da Táboas en Virxe das Mareas). Que máis dá?, si total agora xa non mandades en ningures.

Ti debes mostrarte forte, orgulloso !! que es o Tte. Alcalde !!. Ou sexa, que a saír da rateira e a traballar, a saír a rúa e que te vexan !! non teñas vergoña !!. Pero xa sabes... tes que disimular algo, facer como si fixeras algo porque senón as malaslinguas de sempre xa sabes o que van dicir. E que saibas que as malaslinguas non son as que normalmente lle votas as culpas, non...Están máis cerca de ti.

Saúde e terra, como decides vos.

No hay comentarios: