miércoles, 16 de septiembre de 2009

As irregularidades e o mal exemplo exténdense a outros membros do goberno


Estamos asistindo nos últimos días a un penoso espectáculo, que para magoa de tódolos grovenses o esta a protagonizar o propio alcalde e tamén (aínda que agora estean caladiños) os membros dos grupos que compoñen este desnortado goberno que padecemos.

Entre irmáns parece que anda o xogo. O alcalde non dá despexado balóns tratando de xustificar o seu proceder con respecto das adxudicacións ao seu irmán (encargo de multitude de proxectos para obras municipais, que nalgún caso como no edificio administrativo todavía hoxe non se presentou o de execución; xenerosas direccións de obra, etc.)

Agora resulta, que outro irmán, o do concelleiro de turismo (isto último sobre o papel porque na practica non exerce) tamén resultou dalgunha maneira beneficiado no desenrolo e construción do restaurante que rexenta e parece que excede “un pouco” o volume que aos demais a normativa esixe. Xa no momento da aprobación desta licenza houbo “sus más y sus menos” na xunta de goberno que logo comprobou escandalizada o que alí se facía pero miraron para outro lado, , namentres a outros mándalle a policía á porta tódolos días.

E por último e do máis notorio porque a cotío no lo anuncian a través dun altofalante outro irmán, este do concelleiro de cultura beneficiase en exclusiva da abondosa morea de anuncios (máis de 50 servizos na factura dos 6 meses do 2007 e cáseque 100 no 2008) con que o concello regala os oídos aos seus veciños.

Sen entrar a discutir a legalidade ou non de contratar a un irmán, ou de contratar a un pai por parte do alcalde ou dun concelleiro (iso xa o deben facer os órganos que o concello dispón) resulta cando menos amoral, sobre todo por parte de aqueles que durante anos estiveron dándolle leccións a todo o mundo. Aqueles que a maioría das veces facían da nada unha traxedia para logo pregoar aos catro ventos como se debían face-las cousas; en definitiva, os da rexeneración democrática como se autodefinen eles.

Preguntámonos agora os demais si todo aquilo que pregoaban daquela tan alto e tan claro era precisamente a esta maneira de gobernar ao que se referían. De seguro que no, porque aquilo facíase “de boquilla”, agora xa pasou o tempo de “pregoar” e levan dous anos no tempo “de dar trigo” e o que levamos visto ata o de agora é do máis desalentador que nos podiamos esperar.

A arbitrariedade, o compadreo, o amiguismo campan as súas anchas na maneira de actuar deste alcalde e o seu goberno. Outras cuestións relacionadas coa xustiza xa será esta quen as resolva e defina, pero nos tememos o peor.


Nunca en tan pouco tempo un goberno tiña dilapidado o seu creto tan rápido e de maneira tan bochornosa. O que dende o Partido Popular mantivemos unha vez que comprobámo-los primeiros compases desta banda: falla de ideas, descoordinación, falla de dirección, un rumbo sen fixar, deslealdade, etc….. perdón, olvidábasenos, interese iso si por amarrar un bo soldo, estase a confirmar con creces.

No hay comentarios: