O Delegado do goberno perdeu unha magnifica ocasión para estar calado na súa visita a O Grove.
O Partido Popular de O Grove, reta ao Delegado gobernamental e ao alcalde, a que demostren a contratación dos 96 obreiros dos que presumiron durante a súa visita ao Grove.
O Grove, 16 de setembro de 2009.-
A pasada semana recibímola visita do Delegado do Goberno en Galicia, Sr. Louro con motivo de visitar e comprobar o estado de execución das obras do Plan E na nosa vila.
En plena tormenta política, pola morea de irregularidades que están saíndo a luz, cometidas polo noso alcalde non se lle ocorreu outra cousa que resumila súa visita dicindo que O Grove era un exemplo para outros concellos de como xestionar as obras .
Logo do que estamos a comprobar nestes días, con irregularidades de todo tipo que nalgún caso merecen a atención dos xuíces consideramos que debía ser máis cauto nas súas afirmacións. Sobre todo cando unha das obras que claramente é irregular como a apertura do vial ao futuro Centro de Saúde e que se está a financiar a través do Plan E, do cal el debería ser un garante para que as cousas se fagan de acordo as normas vixentes e a legalidade máis que tratar de tapalas vergoñas deste goberno.
Outra das rotundas afirmacións que fixo, foi que a través do Plan crearanse noventa e seis postos de traballo no Grove, supoñemos que alentado polo alcalde e polos informes que as empresas presentaron para conquerir as obras, pero iso non é certo e nos retámolos a que o demostren.
A repercusión do Plan E sobre o emprego no Grove foi practicamente nula. Todos recordamos o vergoñento espectáculo que ofrecían as brigadas que traballaban en determinadas obras ao comprobar que os obreiros que as compoñían eran portugueses. É dicir, o Plan E do goberno de España procurou traballo a obreiros portugueses cando a situación económica nese país (afortunadamente para eles e moito mellor ca nosa). Pero ademais, o número de traballadores que as empresas beneficiarias dos contratos "a dedo" con motivo de levar a cabo as obras do Plan E contrataron foi ridículo por non dicir que non existiu.
Temos constancia de non máis de media ducia e nalgún caso contratos de vinte días, dos cales pasaron máis da metade en obras fora do noso municipio.
Esta é a situación real do resultado do Plan E, aló menos aquí no Grove, onde a incidencia con respecto ao emprego foi máis ben negativa, posto que pola decisión do alcalde de contratar empresas de fora do Grove, as de aquí, as do Grove, ante a falla de traballo tiveron que despedir xente i estas empresas si que contratan xente de aquí.
Retamos por tanto, ao delegado e ao alcalde a que nos demostren que traballadores de O Grove se contrataron i en que obras e que logo contrasten esa lista coa de persoas que no tempo de contratación desas obras se tivo que ir as listas do paro tamén an nosa vila.

No hay comentarios:
Publicar un comentario