Resulta preocupante e vergonzoso que o goberno cuatripartito se dedique a subir as taxas e os impostos e, en troques de aumentar e mellorar os servizos cos cartos recadados, se dedique a reducir e eliminar os xa existentes.
Xa foron varios os veciños que se dirixiron a nós coa fin de amosarnos as súas queixas porque o último venres do mes de xullo non foron atendidos polo Servizo de Atención Catastral. Pero o que resulta máis preocupante é que en ningún momento foron informados de cal era a causa de que non houbera ninguén para resolver as súas dúbidas ou se alguén ía atender as súas preguntas outro día.
Desde fai varios anos un técnico especialista en cuestións catastrais acudía ao concello do Grove, o último venres de cada mes, para atender e resolver as dúbidas de tódolos veciños e veciñas da vila relacionadas con altas, baixas, cambios de titularidade, etc. Deste xeito, evitábase que se tiveran que desprazar a Pontevedra na búsqueda de solucións xa que incluso, en numerosas ocasións e cando así o requiría a situación, acompañaba aos afectados ata os lugares para intentar buscar sobre o terreo a mellor solución aos problemas plantexados polos veciños
Pero parece que o alcalde e os seus compañeiros de goberno decidiron eliminar esta asistencia técnica catastral sen tan sequera avisar nin dar explicación algunha aos contribuíntes que, como cada último venres de mes, se achegaron á Casa do Concello coa fin de realizar varias consultas e atopáronse con que ninguén lles ofreceu unha explicación sobre o que tiña acontecido nin como se vai resolver isto nun futuro
O Partido Popular do Grove plantexará o desmantelamento deste servizo catastral no próximo Pleno en caso de que non se teña resolvido antes da súa celebración, porque consideramos que non ten sentido algún que se fagan desaparecer os servizos que funcionan ben e resultan de tanta utilidade para os nosos veciños
No hay comentarios:
Publicar un comentario