A Concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular de O Grove, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal para o seu debate, e no seu caso, aprobación no Pleno Ordinario a seguinte MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A aparición de novas necesidades nos cidadáns e na cooperación municipal fronte a consecución de certos fins e principios como poden ser:
· A contribución e axuda para impedi-los obstáculos que impidan a igualdade, promovendo a defensa dos dereitos e intereses de tódolos cidadáns
· Promover os valores sociais, culturais, deportivos, saudables e ecolóxicos imperantes na nosa sociedade.
· Programas para a prevención de situacións que producen exclusión social
· Programas para evitar o individualismo, esquecemento e soidade que padecen certos sectores de poboación.
· A transmisión de valores ante tódolos cidadáns pero especialmente entre os que conforman o futuro, os máis xóvenes, tales como: a solidariedade, a participación libre, altruísta e responsable nas actividades de interese xeral; a solidariedade coas persoas e grupos sociais, procurando a integración activa de todos na sociedade e a loita contra as exclusións.
A consecución de estes obxectivos pasa tamén pola implicación real das Administracións públicas elaborando programas de apoio, poñendo a disposición dos voluntarios o material preciso, e canalizando ciclos formativos co gallo da motivación e realización da súa laboura de forma máis profesionalizada.
E por elo que SE PROPÓN ante o Pleno Municipal do Grove a creación dunha OFICINA MUNICIPAL DO VOLUNTARIADO que se encargue de coordinar programas básicos de axuda poñendo a disposición dos voluntarios o material preciso e organizando os cursos formativos necesarios para unha mellor optimización do tempo libre que todo voluntario ofrece.
A elaboración dos programas básicos canalizase principalmente a través de:
1. Programas de acompañamento social á xente maior, persoas con minusvalías ou simplemente persoas que se atopen en situación de soidade ou exclusión social
2. Programa de Talleres de Memoria entre os voluntarios máis xóvenes e os máis maiores a través do intercambio de historias e coñecementos na que os máis cativos ben poderían compartir cos máis maiores.
3. Programas de concienciación medioambiental organizando cursiños de reciclaxe, tarefas de participación voluntaria na recuperación de entornos..
4. Programas de intercambio de ocio na que os voluntarios participan ensinando e compartindo calquera tipo de habilidade: ganchillo, electrónica, informática, calceta, manualidades…

E todo isto ofrecendo dende o Concello o material necesario, as instalacións axeitadas, e a formación que se estime necesaria para a realización desas tarefas xunto cun diploma acreditativo das mesmas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario