Antón Mascato segue a dar mostras da súa incapacidade para xestionar a Concellería de Cultura. A parte da contra-programación das Festas do Carme non foi quen de completar a programación cultural do Verán.
Estas actividades facían as delicias dos veciños da vila e da xente que nos visitaba durante esta época do ano cunha excelente resposta do público, que confirmaba a O Grove coma un punto referencia no mundo da Cultura. Deste xeito o traballo serio, desenvolvido ao longo de moito tempo, estaba dando os seus froitos e gañando o respecto e a consideración do público
Como xa predixemos hai apenas un mes, aparte da contra-programación da semana da Festa do Carme e das dúas películas de Caixa Nova, non foi quen de preparar nin propoñer unha soa actividade máis en todo o verán. A súa falta de iniciativa chega aos extremos de que no Grove tan só se realizan as actividades programadas por outras institucións: Xunta de Galicia, Caixa Nova e , sobre todo, as inestimables programacións das Asociacións Culturais da vila que son as que aportan algunha actividade á vida cultural do Grove.
Sen embargo o concelleiro de Cultura é incapaz de poñerse ao nivel das asociacións e dos veciños e veciñas da vila, é especialista en cortinas de fume pero carece de capacidade de traballo para xestionar as súas concellerías.
Durante la época estival el Ayuntamiento de O Grove prepara un programa específico cargado de actividades: cine en la calle, actuaciones, conciertos... para el disfrute tanto de nuestros habitantes como de los muchos visitantes que todos los años se acercan a nuestra villa en esta época
No hay comentarios:
Publicar un comentario