lunes, 6 de julio de 2009

O cuatripartito fracasa de novo, no seu intento de implicar aos nosos compañeiros no asunto das "listas vascas"

Fotografía procedente de www.todogrove.com

O auto da Audiencia Provincial fai énfases na non participación de Miguel Angel Pérez e Alexandre Aguín na causa referenciada e confirma así o auto do xulgado e Cambados onde aos nosos compañeiros xa se exculpaban de calquera indicio de participación no mesmo.

Os seus razoamentos xurídicos son claros e rotundos, deixando en evidencia a posición do goberno de O Grove e o seu alcalde que o único que pretendían era facer deste asunto unha causa política para menoscabar a posición do Partido Popular e os seus representantes no concello. Unha vez coñecido o auto, esperamos que a súa teima remate aquí e deixen de facer novas conspiracións, referidas como ata agora a supostos delitos de revelación de secretos,infidelidade na custodia de documentos ou delitos electorais que os xuíces non toparon por ningures.

Si toparon, sen embargo un suposto de falsidade documental imputable a única persoa encausada ata este momento e que non é outra que Jesusa Otero Magadalena, que en todo momento actuou de mala fe e poñendo a esta organización nunha posición moi comprometida.
Esperamos que o xuízo poña cada cousa no seu sitio. Esperamos tamén que o concello e o seu nefasto e malintencionado goberno siga coa acusación particular poñendo nelo o mesmo empeño que ata este momento.

Non cabe máis que felicitar a familia popular e de maneira especial aos nosos compañeiros Miguel Angel Pérez e Alexandre Aguín que sufriron sen necesidade esta persecución.
Rolda de prensa en Todogrove

No hay comentarios: