miércoles, 24 de junio de 2009

Solicitude da comparecencia do Concelleiro de Turismo


Estamos de novo ante o comenzo da temporada estival. Atrás quedaron os meses onde o noso concello deberia ter feito unha promoción turistica axeitada ademáis de traballar na busqueda de outras alternativas e modelos que axuden a loitar contra o maior enemigo deste sector que é a forte estacionalización e manter a nosa marca de pobo nos mercados turisticos.

Para elo, ademáis da iniciativa que entendemos debe impulsar a concellalia de turismo e non da arrancado conta o noso concello cun consello sectorial, no que están integrados ademáis dos partidos politicos todolos axentes empresariais da nosa vila que teñen que ver co sector.

Este organo está valeiro de contido pero tampouco os seus responsables se esforzan en que o teña. Nin que decir tén que os seus responsables son, o sr. Olleros, concelleiro de turismo e o alcalde que non pon remedio a esta situación.

E vergoñante para un concello como o noso que gran parte do seu PIB depende deste sector, este a sofrir semellante desatención por parte destes dous señores, que o primeiro deixaremoslle de chamar responsable de turismo porque si é certo que está nomeado para tal fin pero responsabilidade non demostra a máis minima e o segundo por encubridor de toda esta inactividade.

O traballo de moitas persoas que durante moitos anos pelexaron para situar O Grove no mapa turistico vense abaixo pouco a pouco ante a impasibidade do noso goberno.

Como por outra parte estamos a comprobar que esta actitude (de inación) lexos de correxirse estase acrecentando e fartos de pedir que se convoque o consello sectorial para falar (de verdade) destes asuntos, de que se faga algo neste area, de que se programe, de que nos ven encima un Xacobeo, etc. etc, solicitamos no dia de onte (sabado) a través dun escrito presentado no concello a comparecencia do concelleiro de turismo en pleno para que de explicación as custións que ao respecto deste asunto lle pretendemos formular.

No hay comentarios: