Antón Mascato segue a dar mostras da súa incapacidade para xestionar a Concelleria de Cultura. A súa actuación durante as Festas do Carmen amosa unha total falta de respecto ao traballo realizado polos encargados da organización das Festas e á xente da vila do Grove.
Antón Mascato,dous anos despois de sair na prensa decindo que él no ía apoiar as festas relixiosas do Grove da un xiro de 180 grados e decide converterse no protagonista total das mesmas, facendo a súa propia programación paralela á anunciada dende fai meses polos organizadores e sen contar nin colaborar con ninguén.
O concelleiro de cultura decidiu unilateralmente e co consentimento do alcalde, realizar as actividades que lle foron outorgadas para o verán ao mesmo tempo e no mesmo lugar que as programadas pola comisión de festas de xeito que, ás horas que estaba previsto a actuación das orquestras contratadas para a festa do Carme, a uns 100 metros, el programou as actuacións paralelas da Quenlla e Berrogüeto. Pero non contento con iso, o todo poderoso concelleiro de cultura permitiuse a licenza de ir chamar a atención as orquestras para que retrasaran as súas actuacións.
Non sabemos se a sua intención era boicotear a programación da comisión de festas que levaba meses traballando ou simplemente se trata dunha incapacidade total para xestionar a concelleria, pero do que non hai dúbida algunha é de que o seu afán de protagonismo non ten limites.
Para el todo vale, como dicir que na actuación da Quenlla habia 2000 persoas ou na de Berrogüeto 3000.
Imposible nun espazo tan reducido. O máis probable é que se lle escapara un 0, e fosen 200 e 300.
¿ Como se pode impoñer a actuación dun grupo no espazo reservado dende fai meses a actuación dun grupo local ?
¿ Como se pode mandar calar as orquestras ?, e sobre todo, ¿ como se pode saír a prensa presumindo do traballo dos demais ?
Pero o que resulta aínda máis preocupante é a actitude asumida polo propio alclade do Grove, que primeiro consinte e despois sae na prensa criticando a actuación do seu compañeiro de goberno como se da oposición se tratara.
A que veñen agora esas lamentación cando levaban por todo o pobo carteles anunciando os actos de cultura dende facía semanas ?
E que él non se enterou ? É isa, a capacidade de control que ten sobre as actuacións dos membros do goberno ?
Se non lle gustou esa contra-programación por que a permitiu e deixou que fixese semellante ridículo e duplicidade de esforzos?.
O realmente lamentable é que tiraron pola borda tamén a programación de verán que tanto custou conseguir e que durante anos deleitaba a veciños e visitantes nas noites de verán, ofertando variados espectáculos .A excepción das dúas sesións de cine subvencionadas por Caixanova, probablemente non vexamos xa en todo o verán nin unha soa actuación máis organizada polo concello.
Tamén é de supoñerque, como bo especialista que é en buscar desculpas, dirá que a culpa é da austeridade ou da crises ou inclusive da oposición, pero a estas alturas a súa credibilidade está en entredito e todos sabemos a quen temos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario