viernes, 24 de julio de 2009

Antón Mascato deixa sen executar o 78 % do orzamento destinado a cultura, patrimonio e normalización lingüística no 2008

Antón Mascato, Concelleiro de cultura, patrimonio e normalización lingüística e especialista en cortinas de fume, carece de capacidade para xestionar as súas concellerías.

No ano 2008, e a pesar das grandes carencias observadas en tódolos eidos culturais, deixa sen executar o 78 % do orzamento destinado a cultura, patrimonio e normalización lingüística: de 794792,01 € quedaron sen utilizar 618978,81 €

En maio de 2007 o Concelleiro de Cultura irrompeu no goberno do Grove cunha chea de promesas e intencións. Ía a cambiar o panorama cultural no Concello do Grove e convertelo nun lugar de referencia no Salnés ou quizáis en Galicia
Despois deste tempo temos que ofrecerlle as nosas máis sinceras felicitacións ao señor Antón Mascato porque realmente conseguiu o que pretendía: cambiou radicalmente o panorama cultural da nosa vila e, certamente, converteuna nun lugar de referencia ...pero da peor programación cultural do Salnés

O que resulta preocupante é que non foi por falta de recursos se non que, despois de dicirlle ás asociacións culturais e de festexos da vila que a concellería de cultura non tiña cartos, o señor Antón Mascato non tivo tempo (ou capacidade ou gañas) de executar o presuposto que tiña asignado nas partidas de cultura do 2008.

Todos somos conscientes de que os edificios de cultura precisan mobiliario axeitado para prestar os servizos pero o concelleiro de cultura debe pensar que os usuarios do Grove no merecen unhas instalacións axeitadas: de 6000 euros para mobiliario de cultura non gastou nin un só euro no 2008.
Tamén resulta sorprendente que, a pesar de que os usuarios das bibliotecas reclaman novidades e actualizacións de diferentes materias, o presuposto destinado a libros quedou practicamente sen gastar: de 7000 euros tan só se gastaron 775 para o pago dos xornais e boletíns oficiais e nin un céntimo para a adquisición de libros.

Así mesmo, 21300 euros lle sobraron do orzamento destinado á organización de actividades culturais. Seguramente, lle virían moi ben a diferentes asociacións culturais do Grove para poder desenvolver as súas iniciativas, xa que son elas as que co seu esforzo e dedicación manteñen o nivel cultural e as tradicións da nosa vila

Outra das grandes apostas do Concelleiro de Cultura, o CIPES en Punta Moreiras, non tivo máis sorte xa que quedou sen executar o 99 % do presuposto destinado a este fin:
- Mantemento do CIPES: de 14000, 00 € non se gastaron 6600
- Investimento no CIPES. Quedou intacta a partida de 400000 € destinada ao mesmo
- Restauración e transformación da salga. Tampouco se executaron os 158860 € desta partida

O mesmo aconteceu con outra das súas grandes promesas xa que non gastou nin un só céntimo dos 10800 € destinados á recuperación do patrimonio, e non será por falta de actuacións en que empregalos: recuperación de Adro Vello, ruta dos muíños...

Pero acaso non era Mascato o concelleiro de Cultura e Patrimonio? Que fixo en todo este tempo? ou é que estaba moi ocupado buscando as faltas de ortografía das sinais da vila?
Pois tendo en conta que lle sobraron 6800 euros dos servizos de política lingüística por que non utilizou estes cartos para corrixir os erros lingüísticos que tanto lle preocupan?

Ante este panorama resulta máis que sorprendente que Mascato se queixe da falta de recursos no eido cultural porque ao fin e ao cabo 619000 € ben empregados dan para moito e os problemas veñen cando falta capacidade de xestión e dedicación para realizar o traballo que lle corresponde como responsable das áreas

De tódolos xeitos , seguiremos informando.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

POR FAVOR AVERIGÜEN DONDE METEU AS DEZ BICICLETAS QUE MERCOU OLLEROS EN NORBIKE NIGRAN, PORQUE NON HAI NINGUNHA NOS PARKINGS PARA AS MESMAS, NIN HAI RASTRO DAS QUE XA HABIA ANTES...

Anónimo dijo...

Desde logo este koncelleiro de kultura non ten arrejlo, xa podia irse por donde veu