O pasado venres, o delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, o Sr. Cores Tourís, visitou aos afectados polas obras de Xoán XXIII.
Na visita estivo acompañado por diversos representantes veciñais, polo alcalde, a responsable de obras municipal e concelleiros do Partido Popular.
Este encontro levouse a cabo a petición dos propios veciños, que dende fai un par de meses, ven como se paralizaron os traballos e como a única iniciativa dos membros do cuatripartito no Concello é a de intentar, unha e outra vez, responsabilizar á Xunta de Galicia.
O Delegado, consciente da preocupación veciñal e logo de comprobar "in situ" a importancia da finalización das obras sobre todo polo que se atinxe á seguridade vial, manifestou que a Xunta de Galicia respostará á demanda veciñal para darlle solución a este problema.
Deixou claro tamén que a responsabilidade da paralización das mesmas non é da administración da Xunta de Galicia, se non da propia administración local do Concello do Grove, que foi a que decidiu variar o proxecto e esta variación provocou un incremento do custo da obra de preto de 200.000 euros.
Pendente de determinar se as obras de condución de auga poden ou non ser financiadas pola Xunta ou, polo contrario, correspóndenlle ao Concello, aclara que fará todo o esforzo posible para aportar a mellor e máis rápida solución e atender así as peticións veciñais.
A xénesis desta obra xa ven de anos atrás, cando o goberno de Miguel Angel Pérez tiña comprometido a realización da mesma sendo Alberto Núñez Feijóo, responsable de infraestruturas da Xunta de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario