Fai uns días que estamos observando nos medios de comunicación a constatación dun feito que xa temos denunciado en varias ocasións e agora repítese, aínda que por parte de particulares, o cál nos da unha pena terrible pois compróbase que non se corrixen as malas prácticas, o desgoberno e o sectarismo do cuatripartito e o seu alcalde.
Replica (que non argumenta) o alcalde ante as acusacións feitas, que el ten que aplicar a lei i esta debe ser para todos.
Precisamente aí é onde unha vez máis (e van moitas) minte i engana aos seus veciños. Curiosamente no apartado urbanístico, onde menos traballaron, logo de presentarse como os adalides da limpeza, da rexeneración, de saber facelas cousas, etc. Utilizando para elo a mentira, posto que non fixeron absolutamente nada do que machaconamente prometeron e sen embargo están a demostrar xusto o contrario do que dixeron ían facer.
No Grove seguimos sen PXOM, e non se deu un só paso para telo; no Grove, constrúese en solo rústico, incúmprese sistematicamente a norma en vigor, coa construción de aleros prohibidos, de mansardas prohibidas; constrúese en plans parciais derogados; o concello executa obras públicas sen contar coa documentación necesaria (a mesma que lle esixe aos veciños i el non a cumpre), constrúese en lugares onde a norma non o permite, etc. De todo elo iremos falando pouco a pouco.
Pero para todo iso, ademais, nomeouse un concelleiro de solo, que ninguén sabe para que sirve, aínda que por elo cobra un substancioso soldo. ¿Para que nos sirve este señor no concello? ¿Que fai, si non está a resolver un só asunto relacionado coa responsabilidade que ten encomendada?
Vai sendo hora de empezar a presentaren resultados nesta materia tamén (a urbanística). Hai algunhas como as de xuventude, emprego, turismo, educación, solo, transporte que non existen, ata o punto que incluso os seus responsables están totalmente desaparecidos. Outras como cultura venden bastante fume e logo non son capaces de executar o seu orzamento; a maioría delas fundaméntanse no anuncio constante e ultimamente (dende que non hai bipartito) culpan á Xunta de caseque tódolos seus males, como único argumento e para ocultar a súa ineficacia nestes dous anos. Pero no urbanismo (que se reservou o alcalde para se mesmo) ademais de non facer absolutamente nada nestes dous anos, empeza a ser coñecido pola discriminación á hora de aplicar a norma vixente, polo favoritismo e por "mirar para outro lado" segundo de quen sexa a actuación. Mal vamos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario