MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR PARA DEROGAR A DEDICACIÓN EXCLUSIVA, E O SALARIO QUE POR ELO PERCIBE, AO CONCELLEIRO DO BNG CARLOS ALVAREZ BESADA
Os Concelleiros integrantes do Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presentan ante o Pleno da Corporación Municipal para o seu debate e, no seu caso, aprobación no Pleno Ordinario esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Esta moción que presenta o noso Grupo, moi ben podía ter sido subscrita por aclamación popular tendo presente como temos as numerosas peticións que por parte de non menos numerosos veciños se nos ten feito neste senso.
Cabe mencionar aquí que non consideramos necesario, polo momento, tal e como nolo teñen proposto os veciños a presentación de sinaturas en apoio a esta moción.
E a verdade é que do mesmo xeito que nos acontece a nós e a gran maioría dos nosos veciños que así nolo teñen transmitido, non acaban de concibir como se pode estar a pagar un soldo tan suculento a un concelleiro en réxime de dedicación exclusiva.
Non acabamos de concibir que esta importante inversión que se fai efectiva con cargo as contas municipais, sufragadas nunha parte importante cos impostos dos veciños do Grove, non teña absolutamente ningunha relevancia nos servizos, nas infraestruturas ou na xestión da mellora da súa calidade de vida.
En resumen, o que en términos empresariais se expresaría como:
a inversión feita polo pobo do Grove durante dous anos na dedicación exclusiva do Concelleiro do BNG Carlos Álvarez non ten sido rentabilizada pola xestión e o traballo de dito Concelleiro.
Fai agora un ano, e cando se cumpría exactamente un ano dende a toma de posesión, o noso Grupo a través de Fernando Meis e no apartado de rogos e preguntas do pleno ordinario, pedíalle ao sr. Álvarez Besada que tivera a ben facernos chegar unha relación da que foi a súa acción de goberno durante este primeiro ano nas áreas que ten delegadas. Así mesmo, non considerabamos necesario que en dito informe figurase a súa participación en viaxes, bailes, festas e comidas das que xa tiñamos coñecemento a través das súas aparicións na prensa, e mesmo nas historias do Entroido.
Transcorrido un ano dende aquela petición e dous anos da súa entrada no goberno, non se ten entregado informe algún ó que é lembremos, o Grupo maioritario da Corporación Municipal, sobre a xestión nas áreas de goberno dun concelleiro, nun máis que claro desprezo e obstaculización no exercicio do dereito á labor fiscalizadora e de oposición do Partido Popular, e neste caso con máis transcendencia si cabe dado que se trata dun concelleiro con dedicación exclusiva e do que nós entendemos como “ mala utilización dos recursos públicos”.
Logo de examinala xestión do concelleiro liberado coa limitada información que posuímos, concretamos cal é o motivo de que non nos teña achegado ó informe requirido do exercicio da súa acción de goberno nas áreas que lle teñen sido delegadas. E o motivo non é outro máis que o bagaxe da súa xestión era tan escaso que ata se avergoñaba de ter que presentarllo á oposición. Este si que é un exercicio digno do mellor taller de risoterapia.
Ata o de agora estábamos a falar do pouco que fixo pese a ter unha dedicación exclusiva.
Falemos agora daquelo que fixo rematadamente mal. E o exemplo máis claro e ilustrativo que resume a súa incompetencia é a desastrosa xestión e execución das obras no barrio de Virxe das Mareas. O calificativo de desastrosa quédase bastante escaso, coma a súa xestión. Poderíansenos ocorrer centos de calificativos pexorativos para nos referir a este estrago. Pero o que é máis censurable e rexeitable na súa conduta e a falla de seguimento que vostede lle fixo á execución destas obras, máxime nun concelleiro con dedicación exclusiva.
Por no querer facer leña da arbore caída, non afondaremos máis do que xa o temos feito neste desagradable capítulo da súa errática xestión.
No Partido Popular do Grove temos o firme convencemento de que, dado o volume de xestión que o noso concello demanda, é preciso a existencia de aló menos dúas concellerías liberadas que axuden ó Alcalde a desempeñar acotío a acción de goberno comprometida no seu Programa Electoral.
E fieis a este convencemento, propuxemos durante o tempo que estivemos no goberno do Concello a liberación dun compañeiro concelleiro.
Feito non consumado debido a falla de apoio a está medida polos grupos da oposición naquela época (lembremos, cun goberno do Partido Popular en minoría) e que hoxe conforman o goberno cuatripartito, que entre outros argumentos alegaban que “coa dedicación do Alcalde xa chegaba”.
Este compañeiros concelleiros do Partido Popular supliron, con ilusión e gañas de traballar polo ben dos seus veciños, a asignación da dedicación exclusiva.
Pero debemos destacar que para nós unha dedicación, xa sexa exclusiva ou parcial, non é entendida como un agasallo a cambio dun apoio político puntual.
Lonxe delo, os concelleiros que acaden este estatus, deben demostrar con feitos, ó conxunto da cidadanía en xeral e os seus compañeiros de Corporación en particular, que son merecedores desta confianza e da inversión que o pobo fai na súa persoa. Entendémola dedicación exclusiva como unha contraprestación na consecución ordeada dos obxectivos previamente acordados.
De non acadar os obxectivos establecidos, debe entenderse como un fracaso e trasladar a dedicación exclusiva a outro compañeiro ou compañeira, a priori máis competente.
Por todo o anteriormente citado, o Grupo Municipal do Partido Popular do Concello do Grove, presenta para a súa aprobación polo Pleno, os seguintes ACORDOS,
1º . Derogar a dedicación exclusiva e o salario que por elo percibe, ó Concelleiro do BNG Carlos Álvarez Besada.
2º. Que no prazo máximo de 30 días o sr. Alcalde convoque unha Xunta de Portavoces para:
- propoñer e consensuar os obxectivos a acadar a través dunha nova dedicación exclusiva,
- propoñer e consensuar o nome do novo concelleiro ou concelleira que ostentará a dedicación exclusiva.

No hay comentarios:
Publicar un comentario