miércoles, 17 de junio de 2009

De leria polo Corgo

Estamos de novo ante unha das acusacións "chuscas" do concelleiro Bea, que ultimamente dedicase a despexar balóns cando as cousa non saen como el quere, e claro está, o culpable de tódolos seus males é a Xunta de Galicia. !!!! Quen o ia dicir fai un par de meses, que eran uns fenómenos !!!!!.
Agora, a conta de socorristas, operarios de limpeza, etc. ameaza con non izar as bandeiras azuis. Será un problema do que terá responder el, ou tamén iso será responsabilidade da Xunta de Galicia.
Cando presentou os expedientes para solicitar as bandeiras non lle preguntou a ninguén cantas debía pedir, senón que foi el quen decidiu cantas quería e nese mesmo expediente aclarou os servizos cos que contaría cada unha destas praias. Pois agora toca cumprir o que prometiches que é a túa responsabilidade e competencia. Para iso cobras. Se se conseguen en vez de catro, catorce socorrista estupendo, pero a responsabilidade é túa, non da Xunta.
Durante estes anos o reparto deste persoal facíase de maneira inxusta, arbitraria e según a cor política do concello. Agora, existe un baremo i equidade no reparto e por iso cada un debe axustarse ao que lle corresponde. Deixade de laiarse e empezar a traballar e a facer previsións reais.
Teñen maioría absoluta, para non depender de ninguén, pois utilícena intelixentemente.

No hay comentarios: