domingo, 3 de mayo de 2009

Propósito de Enmienda

Pasou xa un tempo razoable dende aquela nova posta en escena do cuatripartito, logo da crises provocada por E.U. con motivo da suspensión do pleno do mes de marzo.
Saíron todos contentos (uns máis ca outros), recoñeceron que traballaban pouco e sobre todo que vendían mal. Isto é o que verdadeiramente lles preocupa, a propaganda.

Fixeron "propósito de la enmienda" e conxuráronse para, a partires dese momento, facer ver que tiñan cambiado e que eran bos. Para elo, inclusive tenderían a man á oposición, sobre todo ao seu grupo maioritario (que por fin se deron conta que existiamos) e de paso buscarían ter un interlocutor con Santiago. Isto é o que eles interpretan como consecuencia do cambio de goberno en Santiago, que dicían, tiñan que reaccionar ante elo.
Sorprendidos todos nun primeiro momento, aínda que todavía se lle notaba moito o efecto narcotizador do 1 de marzo, esperamos acontecementos e que moveran ficha. E o fixeron, recibimos máis chamadas nestes últimos quince días que nos dous anos anteriores por parte do goberno, aínda que como di un bo amigo "onde está o contido?".
A máis salientable foi a do alcalde (con intermediario) para falarnos de dúas taxas que levaban ao pleno. No primeiro caso, a derogación das axudas por nacemento de nenos que felizmente recapacitaron e retiraron in extremis da orde do dia, e a taxa polas emerxencias.
Agradecemos o xesto pero non é suficiente. Non se nos pode convocar a unha xuntanza para discutir un asunto cando con anterioridade xa nos había chegado a orde do dia da comisión informativa e incluía eses mesmos asuntos que xa tiñan decididos.

Non vamos agora a desdicirnos do dito e do feito durante estes dous anos, colaboración SI, toda. Coñecemos a nosa responsabilidade, querémoslle a este pobo e queremos o mellor para el, pero para chegar a acordos, hai que sentarse e discutir, hai que planificar e priorizar, facer unha folla de ruta acordada por todos e adiante con ela. Aí estaremos, pero cheques en branco como pretende este alcalde non. Que logo atopámonos con sorpresas como a de adxudicar o 85% do Plan E a empresas de fora do Grove.

Estamos cansos de ofertar axuda nos temas transcendentais e non seren escoitados. O orzamento xa debería estar listo. Vamos polo quinto mes do ano e nada se sabe,contando con maioría absoluta. O PXOM, debe estar no mesmo caixón que estaba o AVE do goberno Zapatero, no caixón das mentiras, o ingreso na Axencia da Legalidade Urbanística exactamente igual e así un sinfin de cousas que iremos relatando pouco a pouco.

Con estas vésperas e o lamentable espectáculo do pleno último cos membros do goberno pelexados, votando cada un unha cousa distinta e facéndose todo tipo de reproches e vendo como pasan os meses e todo sigue igual, somos máis ben pesimistas.
Nin se revisaron as dedicacións exclusivas como esixía E.U. i estaba atinado porque algunha delas é un autentico fraude nin cambiou absolutamente nada. Uns, o PSOE e Bea seguen gañando a partida (aínda que vale de pouco, Só pa manter o chiringuito) E.U. perde tódalas partidas e os B.N.G. dan tabaco.

No hay comentarios: