martes, 28 de abril de 2009

Rogos e preguntas pleno de 27 de abril de 2009

FELICITACIÓN AO CLUB DE REMO AMEGROVE.
Como vimos nada mais chegar ao concello para este pleno, o club de Remo Amegrove celebrou por todo o alto o seu triunfo no día de onte, dos equipos de Infantil Masculino e Infantil – Cadete Feminino. Y dende aquí me gustaría felicitar a este club, os seus directivos, os pais e por suposto os remeiros.
Si me queda un sabor agridulce ao saber que dende este concello non se planificou unha recepción oficial a estes rapaces. I é que non costaba nada convocarnos aos aquí presentes 15 minutos antes para recibir entre todos aos rapaces e despois comezar o pleno.
Polo que solicito que canto antes se reciban a estes rapaces por parte da corporación.

WIFI NO CONCELLO.
Debido a un problema de última hora na miña impresora, non me quedou outro remedio que enganchar o portátil debaixo do brazo para poder ler a miña intervención en rogos e preguntas.
Pero este problema xurdido a ultima hora deixou entrever a posibilidade de que no futuro e, ante a vinculación cada vez mais ampla, entre todos nos coas novas tecnoloxías, Internet e os ordenadores seria bo para facilitar o noso labor, a instalación de rede wifi i enchufes para que no futuro sexa posible e habitual o uso do ordenador e non ter que imprimir a numerosa documentación que fai falla para un pleno.

PIRAGUISMO OGROBE.
Ao longo de días pasados estivemos vivindo na prensa un sen fin de acusacións cruzadas entre o Presidente de Piragüismo Ogrobe, Felipe Besada, e o Concelleiro de Deportes, Fredi Bea. Este sen fin de acusacións, como tantas outras nas que se ve envolto o Sr Fredi Bea e das que eu mesmo xa teño sufrido en varias ocasións as súas consecuencias, non fan mais que poñer continuamente no ollo do furacán a este concelleiro.
Pero ademais disto o Sr Fredi Bea, como representante deste concello en materia de deportes entre outras, está conseguindo non deixar na mellor das posicións as políticas practicadas por este goberno diante doutros concellos da comarca i, especialmente, diante dos nosos veciños, os cales asisten a este tipo de actitudes políticas coa graza que lle fai a xente cando un raparigo se pon no medio da clase a tirarse pelotas de papel e a botarse a lingua a outro rapaz.
Como todos podemos deducir dende o principio da polémica suscitada, este problema, o cal transgride o ámbito do normal funcionamento das administracións publicas i especialmente da do Concello do Grove, non é mais que un problema de actitudes entre os participantes.
Non vou poñer en tela de xuízo cal dos dous ten mais razón en todo o problema e polemizar si a lei di, ou si a coma do artigo X está mal posta, pero o que non é razoable é que exista tanto problema para que unha persoa, estea ou non empadroada no noso concello, sexa ou non directivos de clubs inimigos, sexa ou non contrario aos intereses de calquera dos interesados, ou calquera dos problemas que poida poñerse dende a administración.
O triste resultado de toda esta polémica foi que un palista de renomeado prestixio como Tono Campos, foi expulsado dunha instalación publica do noso concello polo simple feito de non telo solicitado por escrito en tempo e forma. E despois de toda a polémica suscitada na prensa, todos nos podemos supoñer que foi unha rabieta debido a un feito, ao igual que no de Felipe Besada, por motivos relacionados cos clubs que alí conviven e do cal o Concelleiro de Deportes é directivo.

Os esforzos dados por este concello neste tema deberían estar encamiñados a facer o posible que cada un dos cidadáns desta vila practicasen deporte da mellor maneira posible e sen impedimentos. O Pavillón de Deportes Náuticos xa leva anos en funcionamento e, debido ás escasas instalacións das que dispoñemos, sempre se fixo difícil a convivencia entre clubs, deportistas afeccionados, deportistas ocasionais, ou simplemente alguén que o único que quere é ducharse gratis, pero o labor do concelleiro non é outra que a de equilibrar as diferentes necesidades dos usuarios e a falta de instalacións.

E máis estou seguro de que, como dixen antes, si a actitude de cada unha das partes fose outra non chegaríamos ao punto no que está toda esta polémica.
Polo que rogo ao sr concelleiro de deportes que depoña a actitude mostrada ante todo este problema, retire os numerosos expedientes levantados a Piragüismo Ogrobe e incluso eu mesmo non tería problema en mediar entre as partes, e coa súa axuda, poderemos acabar con este lamentable espectáculo que xa traspasa fronteiras.

No hay comentarios: