En diversas ocasións e dentro da discusión política os grupos que compoñen o cuatripartito teñen acusado o goberno anterior do uso dos medios públicos para beneficio do partido que gobernaba naqueles momentos, aínda que sempre sen poder demostrar nada do que afirmaban.
Isto, que forma parte do debate político está ben cando se teñen probas ou aquilo que se denuncia é evidente, nunca falar por falar porque ao final teremos que chamarlles mentireiros a aqueles que o practican e como tamén se colle primeiro a un mentireiro ca un coxo como di o refrán, aí vai unha mostra daquelo de "por la boca muere el pez" que é outro refrán moi coñecido e que neste caso aplicaremos aos membros do PSOE no Grove que cun descaro fenomenal levan as sillas municipais (as usadas nos distintos eventos que organiza o concello) para con elas amoblar a súa sede local, como podemos comprobar nesta foto dunha das últimas asembleas deste partido no Grove.
Temos constancia ademais que non foi ocasionalmente senón que levan moitos meses instaladas na sede socialista.
Pensamos que ademais de levalas ao seu sitio de maneira inmediata deberíase solicitar desculpas e dar unha explicación deste feito.
Tamén declarar que nunca máis se vai facer uso indebido dun bens que son de todos. Eles si que están a confundir a súa posición de goberno no concello coa do seu partido que deberían delimitar perfectamente e non aproveitarse diso para os seus fins particulares.
Esperamos tamén que os compañeiros de goberno tomen nota diso e así o fagan ver os seus compañeiros no cuatripartito.

No hay comentarios:
Publicar un comentario