viernes, 15 de mayo de 2009

De Leria polo Corgo

Nestes días estamos a comprobar unha contra ofensiva dos membros deste funesto cuatripartito, pensamos que coa intención de demostrar que serven para algo.
Ata dan roldas de prensa conxuntas dous persoeiros como Bea e Mascato, !quen ó diría!. E que "tiernos" se poñen piropeándose o un ao outro.
Non está mal pero, mentras tanto:

-As casas de cultura de San Vicente seguen pechadas e o asunto parece que non vai co concelleiro
-Monta contubernios para falar do Auditorio e non deu un só paso para solucionalo, que non é doutra maneira que traballar no PXOM
-O Centro de Interpretación da Salga, por moito que diga, segue pechado e si non ten contido é porque el non o permite e moito máis.

O alcalde, sae de paseo petando nas portas, chamando a veciños para contarlles que agora non poden facer nada porque se acabaron os cartos e a Xunta non axuda. Notáselle moito o cambio de mensaxe, pero a xente non é tonta. Se ten a responsabilidade de gobernar que o faga e deixe de esculparse cos demais. Ten unha morea de cartos do mandato con proxectos e financiación aprobada que ninguén sabe por que non se executan.

E que me decides do concelleiro de turismo, ¿ Sabe alguén se o temos?.

No hay comentarios: