sábado, 16 de mayo de 2009

O camión de segunda man do cuatripartito

O pasado fin de semana, publicábase na prensa unha foto na cal aparecían os membros do goberno cuatripartito posando ao pe dun camión cisterna para a loita contraincendios.
Que orgulloso posaba o concelleiro do ramo subido na cabina de dito camión!
Que gran xestión a súa!
Cantas horas de duras e difíciles negociacións en despachos e gabinetes!
Pero todo o seu esforzo valeu a pena pois tivo como froito a adquisición, con cargo os Ornamentos do Concello, (e unha pequena aportación da Consellería de Presidencia) dun camión contraincendios de SEGUNDA MAN.

Despois das eleccións municipais do 2.007 e en plenas negociacións para conformar o goberno, o elixido concelleiro do Partido Galeguista, Fredi Bea mantiña unha reunión en Vigo co entonces Conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez.
De dita reunión, o Sr. Bea trouxo os bolsillos cheos de promesas e ofrecementos de importantes e numerosas inversións dende a Xunta para o noso concello; iso si, sempre e cando co seu voto favorecese o nacemento dun goberno “amigo” da mesma cor socialista .

E eses foron os motivos que o Concelleiro Sr. Bea expuxo ante os seus compañeiros do PG como xustificación do seu voto e o seu apoio a un goberno cuatripartito cun alcalde socialista: viña de acadar un compromiso cun Conselleiro da Xunta para unha chea de inversións no Grove.
Coido que do camión de segunda man nada se falou naquela reunión co Conselleiro, político curtido en mil batallas o longo de tantos anos na alcaldía co Carballiño e o cal lle sobraron componendas para engaiolar a un recen chegado á política como era o concelleiro Bea.
Pachi Vázquez estaba ao fronte da Consellería de Medio Ambiente, a mesma con competencias na concellería responsabilidade do Sr. Bea.
A día de hoxe, a realidade demostrou que as inversións prometidas, hai dous anos naquela reunión postelectoral, non se cumpriu absolutamente nada. Que ao Sr. Bea lle tomaron o pelo moi ben tomado.
Ao feito da suposta “xestión” do xa mencionado camión contraincendios de segunda man deben sumarse outras situacións nas case se demostra que o sr. Pachi Vázquez xogou ó gato e o rato co concelleiro Bea.
O concello do Grove ten alugadas a unha empresa unhas máquinas varredoras e un camión limpador das rúas con auga a presión, polos cales paga mensualmente unha cantidade estipulada con cargo as contas do concello. Nin tan sequera foi quen de conseguir unha de ditas máquinas.
E debemos dicir, sen ningún xénero de dúbida, que a inversión da Deputación de Pontevedra en actuacións relacionadas directamente coa concellería do Sr. Bea foi moito maior que a da Consellería de Medio Ambiente de Pachi Vázquez.
Chegado o momento de facer balance, o Sr. Bea tan solo pode recoñecer o engano ao que foi levado no fervor do pacto electoral e que, en definitiva, estase a amosar como a peor elección que puido ter tomado, habida conta da escasa capacidade dos membros do actual goberno, por non falar do seu grado de distanciamento interno.
Mais non será solo o Partido Popular como grupo da oposición a quen deba dar explicacións.
Debe facelo tamén diante dos seus “enganados” compañeiros do Partido Galeguista e, sobre todo, diante de todos os veciños do Grove que somos os que pagamos a súa dedicación exclusiva.
Saúdos e moitas grazas.

No hay comentarios: