Ante os seus anuncios de proxectos futuros en caso de que se produza a desafectación militar, Miguel Ángel Pérez pídelle que informe tamén aos portavoces municipais
O Grove, 14 de abril de 2009.- O Partido Popular do Grove insta ao alcalde a convocar unha xuntanza e dialogar o futuro dos terreos da Batería de San Vicente cos veciños aos que, no seu momento, lles foron expropiados, e a que abandone “o seu desprezo cara aos que máis teñen que dicir neste asunto”, segundo resalta o portavoz do PP, Miguel Ángel Pérez, quen lle recrimina a Cacabelos que “coma sempre, faga afirmacións sen informar nin consultar aos interesados”.
Ante os anuncios do alcalde de proxectos futuros en caso de que se produza a desafectación militar nos ditos terreos, Miguel Ángel Pérez salienta que “nin eses veciños nin nós fumos informados da posibilidade da desafectación nin das intencións do Goberno local ao respecto”, polo que pide tamén que convoque unha Xunta de Portavoces para explicar aos voceiros dos grupos presentes na Corporación os plans previstos para a zona.
Pérez lembra que máis do noventa por cento dese solo foi expropiado no seu día a particulares para construír nel unha Batería de Costa, polo que “tendo en conta que ese era o obxectivo das expropiacións, se se dese a desafectación que parece que se pretende, o normal sería que os que foron expropiados tivesen algo que dicir na nova situación”. Nesa liña, apunta que “máis aló do dereito de reversión que poideran ter aqueles propietarios, e mesmo da probable caducidade dese dereito polo tempo transcorrido, sería necesario para non alimentar falsas expectativas, por saúde democrática e para non ferir sensibilidades, que o alcalde explicara os seus plans e expuxera qué contactos ou conversas houbo, se é que as houbo e non se trata dunha nova cortiña de fume, con quén contou para este plan e qué posibilidades reais existen da pretendida desafectación, así como se coñece xa as posibilidades de reversión deses terreos ben cara o Concello ou ben cara os veciños” e, en definitiva, “se pensou neles nalgún momento”.
O GOBERNO REXEITA O DIÁLOGO
Doutra banda, o portavoz do PP censura que o cuatripartito non informara nunca das súas pretensións respecto a eses terreos “nin a eses veciños nin á oposición, ou polo menos ao noso Grupo municipal, que sería o razoable nunha decisión desta trascendencia”. Nese sentido, salienta que “falamos con numerosos veciños do lugar e eles tamén estaban sorprendidos por non seren consultados cando, loxicamente, estarían moi contentos de que eses terreos expropiados volveran á súa orixe”, Nese sentido, indica que “aínda que son conscientes das proteccións medioambientais que pesan sobre esas terras”, iso non é obstáculo para que “sexan consultados, se lles dea participación no asunto e, sobre todo, se lles informe de se teñen posibilidade de recuperar a propiedade para que poidan decidir”.
Esta falta de información demostra, para Miguel Ángel Pérez, que “este alcalde e este goberno actúan sempre de costas aos cidadáns e rexeitan permanentemente calquera tipo de diálogo, mentres que son os veciños os que sí están dispostos a dialogar”.
Ante esta situación, o PP demanda que o alcalde “non volva facer declaracións sobre este asunto mentres non se fale con eses veciños e se conxugue con eles calquera proxecto futuro no lugar”. Así mesmo, solicita que a oposición “sexa convidada a calquera debate que se abra ao respecto, co fin de contribuír a atopar o mellor desenlace para todos”, a través da convocatoria dunha Xunta de Portavoces.

No hay comentarios:
Publicar un comentario