O portavoz do PP lembra que “nunca máis soubemos daquela chea de alternativas que o cuatripartito anunciou como alternativas ao Tiro ao Pombiño”
O Grove, 3 de abril de 2009.- O portavoz do Grupo municipal do Partido Popular do Grove, Miguel Ángel Pérez, reclama ao Goberno local que “saia da parálise na que se instalou e se poña a traballar” en política turística, na que “a nula iniciativa, por non dicir inexistencia, da concellería do ramo debe rematar para dar paso a unha actividade permanente e coordinada co sector para que O Grove recupere o seu prestixio e a súa posición cabeceira nesta materia”.
Pérez fai referencia á polémica sobre a celebración ou non do Tiro ao Pichón da Toxa, discusión que “está novamente cercana ante a proximidade do mes de xullo” e manifesta a esperanza do seu partido de que “desde o Concello e as outras institucións se comprometan co evento con algo máis que boas palabras”. Así mesmo, o portavoz do PP lembra que “nunca máis soubemos daquela chea de alternativas que o cuatripartito anunciou como alternativas ao Tiro ao Pombiño”. Un anuncio que cualifica de “pantomima dos membros do Goberno local que, entre outras solucións, nos ofreceron como gran invento un transporte para facer rutas marítimas, cando no noso concello xa existen varias empresas dedicadas desde hai anos a esa actividade, que afortunadamente funcionan moi ben, atraen visitantes e xeran postos de traballo”.
Para o PP, calquera iniciativa en materia de turismo “debe ser convenientemente estudada para que sexa eficaz”, pero, lonxe diso, o Goberno local “no seu afán por sacudirse o problema da suspensión do campionato da Toxa, saiu á palestra improvisando promesas sobre unha serie de accións que, un ano despois, non vemos por ningures”.
NECESIDADE DE NOVAS INICIATIVAS

Doutra banda, e á marxe de que o Tiro volva, “son precisas novas iniciativas, posto que nun mercado tan competitivo debemos innovar e ofertar produtos continuamente”. Unha política “na que deben ser parte activa e arriscar tamén os propios empresarios, pero co apoio e a base dunha boa estratexia por parte do Concello”.
Miguel Ángel Pérez salienta que, ata o momento, “o esforzo do cuatripartito na promoción do turismo foi máis que escasa” e lembra feitos “especialmente negativos” nese obxectivo como o peche permanente da oficina de información turística e as carencias na atención aos visitantes en datas como a recente ponte de San Xosé.
No hay comentarios:
Publicar un comentario