viernes, 20 de marzo de 2009

Solicitude de informes

Diana Otero Mascato, como concelleira da corporación de O Grove, no nome e representación do Partido Popular, e en referencia ás derradeiras declaracións do concelleiro do cuatripartito encargado da elaboración da Ordenanza do galego nas que decía que o Concello paralizou voluntariamente A Ordenaza para “ non facerlle o xogo ao PP, xa que para eles é mellor canta máis bronca hai” e dicía que encargou informes sobre a viabilidade do documento, no actual marco xurídico, de organismos como o valedor do pobo, a Real Academia da Lengua Galega, e o Consello da cultaura galega, dos servicios xurídicos do Concello, e da asociación cívica A Mesa pola Normalización Lingüística, solicita hoxe a día 20 de Marzo no Concello de O Grove, copia das solicitudes e copia dos distintos informes xa que se o Concelleiro non está a faltar á verdade no que está a decir non tera problema en facilitarnos unha copia e en que poidamos comprobar o que solicitou e as conclusións ás que se chegaron en todos estos informes.

De todos modos, non se entende, como primeiro se leva a pleno a súa aprobación inicial, e despois se estudia a súa viabilidade xurídica, parece que as sesiones plenarias e os acordos que alí acordamos ou debatemos quedan sin eficacia ante unha actitude un pouco neglixente do equipo de goberno. Sería máis lícito primeiro estudiar a súa viabilidade e pedir os informes necesarios e despois levalo ao Pleno.
Aínda así queremos ver esos informes ou solicitudes para comprobar a data na que se solicitaron.
E por outro lado, en canto ao da bronca, non sei a que tipo de bronca se refire, pois defendemos ideas dentro dunha diversidade ideolóxica e os dereitos dos cidadans para que unha Ordenanza se axuste á legalidade e se respeten os dereitos e libertades dos administrados, pero de bronca nada de nada, todo co máximo respeto posible.

No hay comentarios: