martes, 24 de marzo de 2009

O PARTIDO POPULAR CONSIDERA INCONCIBIBLE QUE A OFICINA DE TURISMO E O MUSEO DA SALGA ESTIVERAN PECHADOS NA PONTE DE SAN XOSÉ

Fotografía procedente de www.todogrove.com
Miguel Ángel Pérez o considera unha mostra do desinterese do cuatripartito pola política turística e da súa incapacidade para xestionar “os valores e os servizos do Grove”
O Grove, 23 de marzo de 2009.- O Partido Popular do Grove considera inconcibible que a Oficina de Información Turística e o Museo da Salga estiveran pechados durante a pasado ponte de San Xosé, na que se rexistrou no municipio unha importante afluencia de visitantes, ao que contribuíu as boas condicións climatolóxicas. O portavoz municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, salienta que a chegada de turistas “era perfectamente previsible, posto que o bo tempo foi anunciado ao longo da semana anterior polos servizos meteorolóxicos e tamén a Dirección General de Tráfico anunciou a previsión de millóns de desprazamentos desde o interior cara ás costas”.

Por esa razón, o PP non entende que os responsables municipais “non adoptaran as medidas necesarias para atender en condicións aos visitantes e aproveitar así a ocasión para promocionar os nosos potencias e dar unha boa imaxe do noso municipio”. Nese sentido, cualifica de contradición inadmisible “que se lles encha a boca todos os días falando do importante que é o sector turístico para a economía do Grove e despois non sexan quen de manter abertas e disponibles ao público instalacións tan importantes nesa área como son a oficina de turismo ou o Museo da Salga nunha ocasión como esta”.

Miguel Ángel Pérez considera este feito unha mostra do desinterese do cuatripartito pola política turística e da súa incapacidade para xestionar “os valores e os servizos do Grove”. A ese respecto, lembra que o Museo da Salga de Moreiras constitúe, xunto coa contorna na que se ubica, “un dos espazos máis interesantes cos que conta o noso municipio” e, sen embargo “pemañece pechado desde hai meses sen que o goberno sexa quen de solucionar un problema que se arranxa simplemente con ter a unha persoa que abra o acceso e atenda aos visitantes”.

ANUNCIOS QUE QUEDAN EN FUME

Algo que, engade, contrasta “coas dúcias de cousas que din continuamente que van facer, como contar con monitores en medio ambiente, técnicos de todo tipo, quince persoas para emerxencias, barrnedeiros, bibliotecarios ou archiveiros”, anuncios que “de momento só quedaron en fume e non en feitos reais”, mentres que o Goberno local “non é quen se quera de contratar o persoal necesario para atender as instalacións que xa temos e que son fundamentais”.

Para este partido, “resulta inadmisible ver, como se viu nesta longa fin de semana, aos turistas vagando e preguntando onde podían conseguir información sobre o que se podía visitar no noso concello, porque a oficina de información estaba pechada”.

Pérez considera que, pola deficiente xestión do cuatripartito, O Grove “lamentablemente, baixou a garda de maneira preocupante no que respecta á promoción turística do concello, o que resulta máis grave neste momento no que se prevé unha baixada na afluencia de turistas e no que o último que hai que facer é permitirse o luxo de non atender aos que veñen”. O portavoz do PP entende que “alguén tería que asumir responsabilidades por esta deixadez nun sector que é a metade do noso tecido económico” e confía en que nesta ocasión “esa responsabilidade non se traslade ao PP como adoita facer ultimamente este nefasto goberno cada vez que ten un problema”.

No hay comentarios: