Miguel Ángel Pérez entende que “cun goberno con maioría absoluta non ten xustificación que a finais de marzo aínda non se conte con eles”
· “Estamos ante unha situación que require de medidas excepcionais e da participación de todos os grupos para acadar os mellores presupostos para afrontar a crise económica”.
O Grove, 25 de marzo de 2009.- O Partido Popular do Grove reitera o seu ofrecemento de colaboración ao Goberno locale propón que se convoque unha Xunta de Portavoces para elaborar os orzamentos correspondentes ao presente exercicio de 2009 que, en palabras do voceiro deste partido, Miguel Ángel Pérez, “están a rexistrar un retraso inconcibible e totalmente inaxeitado na actual situación de crise económica”.
Tras lembrar que na súa etapa como alcalde a tardanza en aprobar os presupostos debíase a que “nós gobernábamos en minoría, o que esixía un enorme esforzo de negociación con grupos que esixían máis do que a situación realmente permitía e mesmo que, como ocorría co grupo que representa o actual alcalde, nin sequera asistían ás xuntanzas convocadas para o efecto”, Miguel Ángel Pérez entende que “cun goberno con maioría absoluta non ten xustificación que a finais de marzo aínda non se conte con eles”.
Pérez lembra que o actual alcalde “sempre afirmaba rotundamente que non se podía permitir que o noso concello non comezase o ano cos orzamentos aprobados porque só así se podía traballar eficazmente”, afirmación que contrasta “drasticamente coa súa xestión actual”. O PP admite que o retraso na elaboración do documento “podía estar xustificado o primeiro ano, pero non esquezamos que o ano pasado non foron aprobados ata setembro e no presente a cousa leva un camiño similar”.
REVISAR A PRESIÓN IMPOSITIVA
Para o portavoz do PP, a aprobación das contas é máis urxente ca nunca debido á actual conxuntura económica, xa que “estamos ante unha situación que require de medidas excepcionais e da participación de todos os grupos para acadar os mellores presupostos para afrontar a crise económica”. A ese respecto, subliña que “se o documento que saia deses encontros é consensuado por todos os grupos garantiremos o seu pleno apoio á materialización dos mesmos e un implícito apoio ao Goberno mentres os executa”.
En canto ás medidas excepcionais, hai que ter en conta, apunta Pérez, que “os ingresos do Concello van ser notabremente inferiores” e considera que “non hai que recorrer ao crédito e hai que priorizar moi ben o gasto, revisando algunhas medidas demagóxicas que foron tomadas no seu momento e que agora teñen serias dificultades para levarse a cabo”. Igualmente, “debe revisarse tamén a presión impositiva, taxas e impostos para, en un momento como o que estamos a atravesar, os cartos queden onde son máis necesarios, que é no peto dos cidadáns”.
O PP insiste en que, con esas consideracións, “estaremos dispostos a pornos do lado do Goberno neste asunto e a contribuír a que os orzamentos conten co apoio de toda a Corporación, sempre que nolo permitan”

No hay comentarios:
Publicar un comentario