sábado, 28 de marzo de 2009

FONDO DE INVERSIÓN LOCAL CONCELLO DE O GROVE

Relación de intervencións

Proxecto Aprobación Importe Empresa Adx.
Restauración parcial e transformación da Salga de Moreiras nun Centro de Interpretación interactivo de Salga, escabechado, seca e outros procesos de conserva
10-febreiro-2009 142.417,48JESÚS GONZALEZ OTERO
Retranqueo de servizos e formación zona de aparcamento en avenida beiramar 21-xaneiro-2009 144.417,71C.C.S. (fora do Grove)
Zona de esparcemento en Virxen das Mareas 21-xaneiro-200962.128,05OUTON (fora do Grove)
Proxecto de humanización no barrio de Virxen das Mareas 21-xaneiro-2009 230.293,79 OUTON (fora do Grove)
Zona de esparcemento en O Sineiro 27-xaneiro-200929.609,59 OUTON (fora do Grove)
Actuación na rua Rosalia de Castro coa rua Fontiña 21-xaneiro-2009 225.473,40 C.C.S. (fora do Grove)
Zona de esparcemento en Porto de Meloxo 21-xaneiro-200999.867,31 OUTON (fora do Grove)
Obras menores na Praza de Abastos 29-xaneiro-2009 14.718,37 JESÚS GONZALEZ OTERO
Renovación servizos e reafirmado en Porto de Meloxo21-xaneiro-2009184.161,18OUTON (fora do Grove)
Pavimentación do camiño de Hortos 27-xaneiro-2009 22.534,97 C.C.S. (fora do Grove)
Zona esparcemento en Confín 24-xaneiro-200941.190,28OUTON (fora do Grove)
Acceso futuro Centro de Saude 10-febreiro-2009 153.253,60 JESÚS GONZALEZ OTERO
Renovación servizos e rearfimado en Avenida de Portugal21-xaneiro-2009173.734,24SERCOYSA (fora do Grove)
Actuación reforma Pabellón de Conmeniño 20-xaneiro-2009 147.154,71 OUTON (fora do Grove)
Actuación en rua da Igrexa con rua Sineiro21-xaneiro-2009227.772,77C.C.S. (fora do Grove)
Zona de esparcemento en San Vicente de O Grove 21-xaneiro-2009 88.142,55 OUTON (fora do Grove)

Total do Plan.......... 1.986.898,00

* O famoso "Plan E" de Zapatero ten por obxeto, teóricamente, palialo descenso do emprego e da crisis económica. No caso concreto dos fondos de inversión para os concellos, entendese que son para crear emprego en cada municipio.

* Pois bén, esta é a forma en que o cuatripartito do Grove utiliza eses fondos para dinamizar o emprego no noso concello,
- das 16 actuacións aprobadas, tan só se adxudicaron a unha única empresa do Grove, tres delas. O resto para empresa de fora. É decir, tan só o 18 % das obras serán executadas por empresas locais.

* En canto a inversión, o resultado é que de caseque 2.000.000 de euros que supoñen os fondos, só se ve beneficiada unha empresa do Grove en pouco máis de 300.000 euros. É decir, un raquitico 15,6 % do total, namentras que o 85 % restante vai para empresas de fora do Grove.

* Entendemos que esta non é a forma de apoiar o empresariado e a económia grovense. Consideramos este feito gravisimo e pretendemos que sexa o alcalde quen de explicacións do que intereses hai detrás destas adxudicacións, porque o único claro é que non hai interés algún por este concello.

* Esto é gobernar as costas dos veciños, e moi concretamente dos veciños empresarios. É inconcevible que se utilicen uns fondos que o goberno central concedeco obxeto de palialos efectos da crise no noso concello, para darllos a empresas doutros concellos.

* SI O ALCALDE NON CONFIA NO EMPRESARIADO DO GROVE, O GROVE NON PODE CONFIAR NEL.

No hay comentarios: